Rosalía celébrase por primeira vez o 23 de febreiro
Distintos actos e actividades conmemoran este día na provincia
Paloma de Toro recita a Rosalía de Castro
01:36
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1645637979034/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Ourense
Paloma de Toro é unha escritora ourensá que, como tantas outras, escriben porque nalgún momento mulleres como Rosalía abriron camiño. Ela escolle a peza A xustiza pola man por "esta cegueira desta institución da xustiza que segue a atentar contra ás mulleres mirando para outro lado". Destaca da autora universal "" . Hoxe celébrase a Rosalía de moi diversas formas e dende distintos contextos. Este ano, por primeira vez, nun 23 de febreiro e non o 24 , xa que a filóloga Sagrario Abelleira revelou unha documentación que amosa que Rosalía naceu un día como hoxe, no que fai 185 anos. E é que Rosalía está moi presente. Por exemplo na primeira e unica escola de fútbol feminina de Ourense (EFF Rosalía). Mario Gómez é un dos responsables de que a escola leve o seu nome por "todo o que representa para a muller galega".
Esta tarde a EFF Rosalia de Castro, coa colaboración da Concellería de Igualdade, entrega un exemplar do libro “Formigas 4 . Misión Rosalía”, de Pere Tobaruela. O autor catalán chegou a Galicia en decembro de 2005 e o seguinte verán xa tiña publicado un libro en galego. Reflexiona Tobaruela sobre a importancia de Rosalía. "é unha referencia actual non só para as mulleres". Na EFF Rosalía teñen moi presente á autora e tamén agasallan poesía ás súas rivais.
Doutro lado, as bibliotecas convértense en lugares para conmemorar a Rosalía. Na de Barbadás. por exemplo, realizaron un obradoiro chamado "A viaxe de Rosalía e o moucho". A súa dinamizadora, Sara Lorenzo, "xogamos co moucho que menciona Rosalía en Cantares Gallegos". Será unha das moitas actividades deste día no que retumban as palabras de Rosalía de Castro.