Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Volve a cociña sobre rodas

A Deputación de Lugo prepara a segunda edición do programa gastronómico "Saborea a túa provincia"

Lugo

Os fogóns lucenses volverán percorrer a provincia de arriba cara á abaixo e de leste ao oeste cos showcookings máis lucenses. Trala aprobación en Xunta de Goberno, a Deputación de Lugo pon en marcha a segunda edición do programa gastronómico Saborea a túa provincia. "Unhas xornadas gastronómicas e lúdicas coas que buscamos promocionar e incentivar o consumo dos produtos de proximidade, como fórmula para dinamizar a economía dos concellos e para axudar na recuperación da hostalería, do turismo, do comercio e dos pequenos produtores", apuntan dende o goberno provincial.

A gastroneta do Saborea a túa Provincia percorrerá ate nove concellos lucenses durante todo o mes de agosto, cociñando en directo para a veciñanza de cada localidade."Este ano o programa terá un formato máis dinámico, con programacións de media xornada, pero mantendo os principais atractivos do Saborea: a música, as demostracións culinarias, as degustacións e as actividades para os máis pequenos", apunta García Porto.

A iniciativa, que conta cun total de 100.000 euros de orzamento, pretende repetir o éxito do pasado ano. Segundo os socialistas, "a pasada edición tivo moi boa acollida, con máis de 200 visitantes en cada localidade. Isto nos axuda a seguir consolidando un turismo de calidade, sostible, non masificado, que pon en valor o patrimonio e que crea emprego, especialmente no rural”.

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir