Hoy por Hoy LugoHoy por Hoy Lugo
Ocio y cultura

Antes das Tanxugueiras estaban as regueifeiras

A filóloga Alba María danos as chaves para adentrarnos no mundo da cantiga popular do entroido galego

Obradoiro de regueifas

Obradoiro de regueifas

18:25

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1646148799707/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Lugo

Xa dixo o gran Anxo Moure: "Antes das Tanxugueiras estaban as regueifeiras". A batalla de gallos típica do hip-hop á galega, esa podería ser a descrición para andar pola casa do que é unha regueifa. Estas cantigas, entre duas ou máis persoas, que seguen un mesmo cantar durante o que lles dura a desputa sobre un tema determinado.

Os temas das regueifas son múltiples e variados, tanto coma a imaxinación dea. A chave é humor. Nunca pode faltar a sátira e a risa, como tampouco a rima. A regueifa componse de varias coplas, cada unha delas ten catro versos e han de rimar, de xeito asonante ou consonante, o segundo co cuarto.

Nas regueifas os participantes bátense en coplas. Cada un lanza unha e vanse respondendo ata chegar ao final. Para regueifar hai que ter práctica, imaxinación e tamén trucos. A filologa Alba María descobre nos micrófonos de Radio Lugho SER os tips básicos que todo regueifeiro ou regueifeira ten que saber:

- Buscar unha melodía que teña un ritmo repetitivo que se adapte ás coplas, por exemplo: "E zúmballe ao caneco"

- Comezar polo final. O regueifeiro precisa construír a súa copla dende os cimentos, dende o cuarto verso ata o primeiro. Por exemplo: "Para non vir traballar", así queremos.

- A partires dese cuarto verso buscaremos palabras que rimen con "traballar": Pensar, espertar, amolar, cantar...

- As fórmulas, frases comodín que nos axuden a empezar, por exemplo: Teño algo que dicirche, Aqui teño á Sara...

- CREAR, por exemplo:

A Sara trouxo as filloas

tanche boas de carallo

Fanche moito máis amena

A tarefa do traballo

—  Alex Gato

Aquí che teño ao meu Gato

Cústalle pouco pensare

Algunha excusa barata

Pra non vir a traballare

—  Sara Meijide

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00