Carmen Méndez, actriz: "O audiovisual en Galicia chega ós mellores festivais; fai falta que nolo creamos máis"
A Semana do cinema Galego medra na súa terceira edición na Coruña

Entrevista a Carmen Méndez, actriz y portavoz da Academia galega do audiovisual para a Semana do Cinema Galego (07/03/2022)
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Esta semana hai festa do audiovisual na Coruña. Os finalistas dos premios Mestre Mateo 2022 chegan de balde ó Teatro Colón grazas á III Semana do Cinema Galego. Carmen Méndez é a portavoz da Academia do Audiovisual e recoñece que para a mostra este é o momento de medrar: "temos moita ilusión porque este ano engadimos peli de inauguración e de clausura, a idea é que sexa unha mostra competitiva do máis salientable do cinema galego".
O obxectivo principal é poñer en valor a produción galega e achegala ó público a través da conversa coa xente do sector: "ademáis das proxeccións, ás que se pode acceder de xeito gratuito, temos encontros dos equipos artístico e técnico co público. Trátase de coloquios nos que compartir ó día a día do noso traballo máis aló do glamour. A xente é mais consciente desa parte, pero hai moito traballo detrás a moitos niveis, o que máis se ve é o actoral, pero hai moita xente detrás dunha película ou dun documental e queremos achegar iso ás persoas e que vexan máis do que sae nas pantallas."
Unha das películas da mostra ten como protagonista a Pedro Brandariz, actor e cómico recentemente falecido. "A súa proxección vai ser moi especial", lembra Carmen.
Sobre a calidade do audiovisual en Galicia, Méndez coida que fai falla que nolo creamos máis: "temos moitos estilos diferentes, moitas miradas distintas que triunfan por todo o mundo e chegan ós festivais máis importantes, e todo faise dende un pequeno lugar que se chama Galicia, temos que crelo máis". E para enchernos de orgullo, esta mostra: a III Semana do Cinema Galego.




