Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Hora 14 VigoHora 14 VigoSociedad
Álvaro Cunqueiro

O Álvaro Cunqueiro entra no ranking dos 5 mellores hospitais europeos como centro de formación radiológica

Nesta elección valorouse a súa dotación tecnolóxica, a capacitación dos seus profesionais e súa experiencia no manexo das novas técnicas avanzadas

Equipo Radiología Álvaro Cunqueiro

Equipo Radiología Álvaro Cunqueiro

Vigo

O servizo de Radioloxía do Álvaro Cunqueiro entrou no ranking dos 5 mellores hospitais europeos, seleccionados pola Sociedade Europea de Radioloxía (ESR) para o intercambio de becas de formación académica en toda Europa (European School of Radiology). De feito, é o único centro de España elixido para impartir esta formación superespecializada, xunto a 1 hospital de de Francia, 2 de Gran Bretaña e 1 de Suiza. Así, nas próximas datas se seleccionaran en función do Curriculum Vitae a aquel/es radiólogos para que veñan a formarse a Vigo.

Segundo explica a xefa de sección da área de Radioloxía Abdominal e Xenitourinaria, a doutora Milagros Otero, “é un orgullo ser seleccionado como centro formador, xa que na elección valoráronse diferente criterios, como a importante dotación de equipamento radiolóxico dispoñible; a gran capacitación dos nosos profesionais, cunha acreditada experiencia no desenvolvemento das novas técnicas; así como o elevado volume de actividade realizada”.

Radioloxía de vangarda

Ao longo dos últimos anos, o servizo de Radioloxía do Álvaro Cunqueiro ten feito un traballo recoñecido en moitos ámbitos. Está presente nos congresos nacionais e internacionais da especialidade. O feito de dispoñer de todas as técnicas avanzadas de diagnóstico -nas cales se inclúen as últimas ferramentas de Intelixencia Artificial- e a posta en marcha da Unidade de Investigación en Radioloxía, o converte nun servizo referente ao que enviar a formarse os radiólogos e radiólogas do futuro.

Neste senso, o xefe do servizo de Radiodiagnóstico, o doutor Xan Vieito afirma que “unha vez máis ponse de manifesto que a radioloxía do CHUVI sitúase nos máis altos estándares da radioloxía europea, e isto é posible polo gran traballo en equipo realizado polos radiólogas e radiólogos, xunto co persoal técnico e de enfermería deste servizo”.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir