Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Deputación de Lugo di non á guerra

O goberno provincial aproba unha Declaración Institucional condenando a agresión de Rusia a Ucraína

Xunta de Voceiros provinciais de Lugo

Xunta de Voceiros provinciais de Lugo

Lugo

A Xunta de Voceiros e Voceiras convocatada polo Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acorda a Declaración Institucional de condena á agresión que está cometendo Rusia contra Ucraína. Tanto o PSdeG, BNG e PPdeG condenan a invasión de Ucraína por parte das tropas rusas, ademais de "expresar a total solidariedade da Deputación co pobo ucraíno, reclamar o alto ao fogo inmediato e a volta á vía diplomática como única fórmula para resolver as diferenzas e alcanzar acordos de paz, e ratificar a plena dispoñibilidade da institución provincial de axudar a paliar a crise humanitaria a través dos cauces establecidos polo Goberno de España".

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL

A Deputación Provincial de Lugo manifesta a súa firme e rotunda condena á agresión que está cometendo Rusia contra a República Popular de Ucraína coa brutal invasión do territorio dun país que é soberano, e expresa a súa total solidariedade co pobo ucraíno. Como defensores dos dereitos e das liberdades das persoas non podemos tolerar ningunha acción que socave ditos cimentos humanos.

Así mesmo, a institución provincial reclama o alto ao fogo inmediato, a retirada das para resolver as diferenzas e acadar acordos de paz duradeiros, sempre no marco do respecto ao Dereito Internacional, aos Dereitos Humanos, aos acordos de Minsk e ás resolucións da ONU.

A Deputación de Lugo ratifica a súa plena dispoñibilidade para axudar e colaborar, dentro das nosas posibilidades, a través dos cauces establecidos polo Goberno de España, naquelas medidas que poidan contribuír a paliar o sufrimento do pobo ucraíno e que procuren a protección e o benestar das persoas que foxen do conflito para salvar a vida.

As guerras son unha traxedia e un retroceso da civilización. Unha volta a tempos escuros que Europa debería desterrar para sempre. Non hai nada que xustifique as vítimas mortais e o cruel sufrimento dos superviventes, que marcará o resto das súas vidas. Os devastadores efectos desestruturan a sociedade moito máis aló do conflito bélico. Danos irreparables que se agravan cada minuto que pasa.

A Deputación de Lugo, como administración local, a máis próxima sempre á cidadanía, está pendente do que está a vivir o pobo ucraíno, con gran preocupación e pesar, e, ao mesmo tempo, amosa o seu orgullo pola resposta solidaria que están dando os veciños e veciñas da provincia ante esta catástrofe.

Ademais, este mércores a institución provincial sumarase, ás 12:00 horas, ante o Pazo de San Marcos, á convocatoria de cinco minutos de silencio realizada pola Federación Española de Municipios e Provincias.

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir