Henrique Monteagudo: "Estamos traballando no ronsel do traballo de Carlos Casares"
O vicesecretario da Real Academia Galega, e amigo do escritor ourensán, reflexiona sobre a súa figura vinte anos despois do seu pasamento
Henrique Monteagudo fala sobre Carlos Casares, o día que fai 20 anos do seu pasamento
01:24
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1646849097416/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Ourense
No ano 2000, un cento de escritores de toda Europa viaxaron en tren desde Lisboa até Berlín. Entre aqueles pasaxeiros, o ourensán Carlos Casares, en representación da literatura Galega. Era unha reivindicación da diversidade e a convivencia sobre a que deu conta na súa columna "Á Marxe". O vicesecretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, reflexionaba nos micrófonos de Radio Ourense Cadena SER sobre o que faría Carlos perante a situación que está a vivir Ucraína. Na resposta agroma o pasado porque Casares acolleu un escritor bosníaco durante a guerra de Iugoslavia. Foi unha mostra de que "Carlos non era un home grandilocuente, dicía que había que manexar con moito coidado as grandes palabras e cando as decía, era porque as cumpría", afirma seu amigo Henrique Monteagudo.
Fai 20 anos que morreu Carlos Casares e hoxe houbo unha ofrenda floral no cemiterio Municipal de Nigrán á que asistía, entre outras persoas, seu irmán Javier que salientou "a orientación que me deu na vida literaria, o primeiro libro que me deu foi `O porco de pé´ de Risco. Sempre estivo moi pendente da miña formación". Casares traduciu ao galego títulos como o `Vello e o mar´ de Hemingway, colaborou en numerosas publicacións e publicou máis de vinte títulos, tanto para adultos como para público infantil. Grazas a el coñecemos mellor a autores como Risco e Pedrayo. Para quen aínda non se achegara á obra de Casares, sempre está a tempo. O seu irmán, Javier, fainos unha recomendación "Encántame `Ilustrísima´, onde está Carlos Casares en todo o seu esplendor".
Onte o Liceo de Ourense acolleu unha homenaxe ao escritor ourensán. Alí presentes o escritor Carlos Caneiro,a actriz Mariana Carballal, o secretario da fundación Carlos Casares, Gustavo Garrido, e o seu fillo Hakan Casares. Ademais, Armando González preparou dous temas dedicados ao autor aos que María do Ceo, Alex e Xosé Salgado puxeron música.