O derbi galego entre o Río Breogán e o Monbus Obradoiro será día do club
Tito Díaz, director xeral do club celeste facíao público esta mañá en rolda de prensa

Tito Díaz, director xeral do Río Breogán, explica os prezos e o funcionamento do día do club
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Lugo
O Río Breogán recibirá ao Monbus Obradoiro o vindeiro sábado 26 ás 18:00 horas no Pazo Universitario dos Deportes. Esta data foi escollida pola entidade celeste como 'Día do club', o que implica unha aportación extra por parte dos abonados que teñan intención de presenciar o encontro no Pazo. Nesta data os abonados gozarán de prezos reducidos para asistir ás gradas do Pazo. Os importes serán de 14 euros para os abonados de categoría 'sénior', 10 euros para os de categoría 'estudante' e 'veterano' e a categoría 'infantil' terá un prezo de 8 euros. Os menores de 5 anos que non posúen carné infantil, non teñen asento asignado.
Preferencia sobre as entradas de cortesía
A entidade celeste propón tamén solucións ventaxosas para os abonados sobre as entradas de cortesía. Deste xeito a marea celeste terá preferencia de acceso sobre as entradas de cortesía a prezo vantaxoso dende o vindeiro venres 18 ás 11:00 horas e ata o martes 22 ás 23:59 horas. Tendo estas un coste de 25 euros para os maiores de 18 anos e de 15 euros para os menores de idade.
Público xeral
Dende o mércores 23 ás 11:00 horas e ata esgotar existencias, o Río Breogán habilitará a venda das entradas restantes a prezos xeráis de 35 euros para os maiores de 18 anos e de 25 euros para os menores de idade.




