Gente | Ocio y cultura

Concurso do Día do Pai

Valorarase a creatividade, a orixinalidade e o esforzo dos dibuxos

Noelia Rodríguez, alcaldesa de Ribadavia

Radio Ribeiro

O sábado 19 de marzo celébrase o Día do Pai ou familia. Desde o Concello de Ribadavia queren animar aos máis cativos, ata 12 anos, a que envien debuxos, dando renda solta á imaxinación e creatividade en torno aos seus seres queridos.

O obxectivo é fomentar a imaxinación, a concentración e promocionar tamén a lectura, xa que os premios consistirán en lotes de material escolar e libros adaptados á idade dos participantes.

Poden facernos chegar as creacións, mediante foto ao correo cultura@ribadavia.es ou depositando o debuxo na Casa do Concello. Os datos persoais deberán aportarse de maneira separada, sen incluír no debuxo.

Valorarase a creatividade, a orixinalidade e o esforzo. Se poden consultar as bases do concurso aquí: https://ribadavia.gal/concurso-de-debuxo/. O prazo de presentación é ata o 21 de marzo.