Hoy por Hoy A CoruñaHoy por Hoy A Coruña
Sociedad | Actualidad

É conveniente falar sobre os conflitos bélicos cos nenos?

A guerra e outros temas tabú na infancia

Jugando a criar (16/03/2022)

Jugando a criar (16/03/2022)

09:59

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1647418450895/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Os conflitos preocupan moito ós nenos, aféctanlles tanto coma ós adultos, están no mundo, escoitan, ven e senten. Nas últimas semanas son moitos os centros educativos que están recollendo produtos de primeira necesidade para axudar ás persoas afectadas pola invasión a Ucrania, pero, ¿cómo de necesario é afrontar a cuestión en familia e de qué xeito facelo? Berta Fraga é psicóloga infantil e xunto con Sonia Hermida, divulgadora educativa, conversa sobre as inquedanzas das crianzas en Hoy por Hoy A Coruña.

É conveniente tratar o tema con eles en familia?

A resposta é si. Os nenos están no mundo, decátanse das cousas e preocúpanse. É peor non tratar o tema, que sentarse e explicar o que está pasando.

Normalmente son os pequenos os que inician esa comunicación porque nos coles estanse facendo moitas iniciativas e recollidas e xa están informados, pero incluso cando eles non sacan o tema, non está de máis que sexan os pais os que comecen a preguntarlles se saben algo, se escoitaron algo, etc; porque probablemente o teñan nas súas mentes pero non saiban como sacalo.

Como abordamos o tema?

Non hai que darlle unha entidade importante é preferible buscar un momento no que esteamos xuntos, un momento sosegado. Pode ser que xorda tamén cando vemos un periódico, ou escoitando no coche a radio ou vendo a tele, e o fundamental é non abandonar o tema porque o neno vai quedar todo o día preocupado, vai ser mais significativo para el pensar que o seu pai ou nai non foron quen de darlle a resposta. Temos que intentar explicar as cousas en termos que eles entendan e tratar de non emitir moitos xuízos de valor, ser obxectivos dentro das nosas posibilidades.

Moitos nenos non están sometidos, por sorte, a problemas desta índole, así que sírvelles coma aprendizaxe vital: decátanse de que por desgraza hai outras realidades, e canto máis aprendan sobre a barbaridade deste tipo de situacións, máis van a ser conscientes para non caer en determinados comportamentos ou ideoloxías chegada a etapa adulta.

A guerra e outros temas tabú

Cando dilatamos determinadas conversas no tempo, o neno pode entender que iso é algo do que non se fala porque é moi preocupante. E o certo é que chegará a ter información sobre ese tema dalgún xeito no que nós non temos control.

¿Estase a notar máis estrés na infancia nos últimos tempos polo coronavirus e agora con isto?

Hai dúas bandas: Por unha parte están mais concienciados de que pode pasar calquera cousa, e por outra, son agora máis conscientes do que pasa fora da súa contorna. Están informados e preocupados por estar informados.

Se detectamos ese estrés, que podemos facer para axudalos?

Informar, falar, validar os seus sentimentos e usarnos de exemplo, iso é algo que os relaxa moito:“eu tamén estou preocupado, a min tamén me da pena..” Tamén vale moito buscar alternativas para axudar, iniciativas solidarias xa que nesas actividades involúcranse moito e mudan esas sensacións de preocupación de ansiedade. Coa participación de xeito activo séntense menos vulnerables.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00