Sobrevivindo, a nova publicación de Arantza Portabales
A escritora pasou polo Hoy por Hoy Santiago para amosar a nova aventura literaria
Arantza Portabales revisa e amplía en Sobrevivindo a súa primeira novela, a historia dunha muller que é vítima e verdugo
09:36
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1647428273812/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Santiago de Compostela
Arantza Portabales volve ás librarías para presentar Sobrevivindo, a versión ampliada da súa primeira novela publicada no 2015. A escritora acadou con ela o Premio Novelas por Entregas de La Voz de Galicia. A versión de 2022 profundiza na historia de Val Valdés, unha muller de forte personalidade, vítima e verdugo nunha vida marcada por un feito ocorrido nos anos oitenta. A novela vai e ven no tempo con saltos que van do pasado ó presente amosando o proceso de maduración de Val. Arantza está feliz por poder reescribir un libro que ten o mellor dela, a frescura do comezo na súa traxectoria literaria e o pulso actual.