Música

Volven os Páramo Pictures con Ana Kiro "A Raffaella galega"

Os creadores do "vídeo en galego máis visto da historia" regresan a ritmo da eurovisiva 'Raffaella' de Varry Brava

Hoy por Hoy Lugo - Sección Alex Gato 16-03-2022 (Ana Kiro, a Raffaella galega)

Hoy por Hoy Lugo - Sección Alex Gato 16-03-2022 (Ana Kiro, a Raffaella galega)

02:48

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1647448049134/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Lugo

Semella que foi onte cando un grupo de galegas e galegos sorprendían a todo o país transformando os ritmos máis populares da escena musical nacional e outorgándolles un toque máis galego, máis rural. O certo é que oito anos pasaron xa dende aquel 'Vou estalar', o 'Gangman Style galego', como eles mesmos o bautizaron. Daniel Moreiras transformábase no noso particular 'PSY' facendo a crónica perfecta do que é unha boa comida galega, unha paparota que lle chamarían algúns.

Tras o éxito do 'Vou estalar' viñeron auténticos fenómenos viráis como o 'Ferti Mon', unha parodia do famoso 'Wrecking Ball' de Miley Cyrus. Con toda a épica dun superventas a nivel internacional, Daniel Moreiras narraba as desventuras dunha colleita infructuosa para ledicia do seu compañeiro de fatigas, Ramón de Faxarda, que "xa o avisou".

Ca flamante incorporación de Ramón de Faxarda, presidente autoproclamado da Deputación de Lugo, como el mesmo indica na súa biografía de Twitter. Os Páramo Pictures lanzaban a 'Bertolina', outra parodia da canción do verán naquela época, 'Adrenalina' de Wisin, Jennifer López e Ricky Martin. O aparello clásico para segar en Galicia non pasou desapercibido no mundo cibernético e pronto acadou ser o vídeo en galego máis visto de historia de Youtube, ou iso podemos ler nas rúas do concello do Páramo, na provincia de Lugo.

Tras a 'Bertolina' chegaron tamén o 'Prendeme o boi', os 'Alcolitos' e algunha que outra eminencia da parodia galega. Ademáis de diversos vídeos humorísticos protagonizados polos mesmos personaxes, confeccionando así o universo Páramo Pictures. Tras unha época de parón, esta vez con Ramón de Faxarda tomando o relevo do primeiro plano, chegou tamén a 'Rapsodia Galega', xa vos podedes facer unha idea de que vai o conto...

E por fin chegamos ao que nos trae aquí, o derradeiro traballo dos Páramo Pictures con Ramón de Faxarda como vocalista principal. Eurovisión está á orde do día e unha vez xa coñemos a tódolos participantes dos países europeos que se reunirán no certame musical, Ramón aproveitou a ocasión para celebrar o regreso das verbenas ao panorama galego. Tras dous anos de parón nas festas tradicionais que durante o verán percorren toda a xeografía Galega, parece que a Covid-19 nos pode dar un respiro, e por mor de, voltan as verbenas. Como homenaxe a esta volta á troula en toda Galicia, non podía ser outra a protagonista que a gran Ana Kiro, cuxa discografía é indiscutibel no repertorio musical das orquestras de Galicia. Algo así como a Raffaella Carrà galega, e desto vai o novo tema dos Páramo Pictures.

A ritmo de Varry Brava, Ramón de Faxarda relata a típica noite na que un non quere facer nada máis que deitarse na cama e poñer Netflix e de súpeto soa o teléfono e quen máis e quen menos deixase liar. En fin, o que nós agardamos é que non haxa que agardar moito para seguir desfrutando de novo das aventuras de Ramón e compañía, xa sexa no Páramo, nas feiras de Galicia, con bertolina ou sen bertolina.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00