Directo

ENTREVISTA RODRI Sigue en directo la entrevista en 'El Larguero' a Rodri, el ganador del Balón de Oro

Hoy por Hoy A CoruñaHoy por Hoy A Coruña
Sociedad | Actualidad

A programación da xira teatral de Fariña inclúe como complemento unhas charlas sobre adiccións

Nacho Carretero, Xose A. Touriñan e o resto do equipo participan nas charlas dirixidas por expertos en prevención

Antonio Rial, gira sobre prevención de adicciones previa a la representación de Fariña en el Colón (17/03/2022)

Antonio Rial, gira sobre prevención de adicciones previa a la representación de Fariña en el Colón (17/03/2022)

11:27

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1647519861694/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Hai un tempo, a coincidencia dunha charla sobre adiccións nun instituto coa emisión da serie Fariña fixo que a xornada fora un éxito e se achegara moitísma máis xente da que acude normalmente. Antonio Rial, o ponente, non tardou moito en recibir unha chamada: “Son Xose Touriñan, isto témolo que aproveitar dalgún xeito” díxolle o actor e cómico, e así foi.

Adiccións de hoxe explicadas no teatro

Como complemento á xira nos teatros galegos de Fariña, están a desenvolverse as Xornadas de prevención das adiccións 'Ao redor de Fariña'. Este venres pola mañá aproveitarán o recinto no que a obra se representa na Coruña, o Teatro Colón, para falarlles ás familias, mozos e mozas que acudan. As charlas teñen acceso libre previa inscrición na web. No escenario estarán o autor do libro, Nacho Carretero, Xosé A. Touriñán e tres expertos en condutas adictivas: Patricia Gómez, Manuel Isorna e máis Rial, que destaca a importancia de poder aproveitar espazos tan amplos coma o Colón e un altofalante como a programación dunha xira de tanto éxito: “ese marco é un privilexio. Nós normalmente chegamos a 20 pais, pero así podemos chegar a moitos máis".

Antonio Rial, é psicólogo social e profesor de ciencias do comportamento e ten coordinado importantes proxectos de investigación no eido das adiccións. O doutor alarma do problema que supón o consumo de alcol, cannabis e cocaína: "o principal problema de saúde pública xuvenil tanto en Galicia, coma en España e tamén en Europa sigue sendo o consumo de alcol. Preocupan moito os niveis de consumo e as idades de inicio, e tamén o formato: o atracón. No caso do canabbis o consumo tamén está a repuntar e se fuma un produto tratado e manipulado con niveis de THC cinco veces maior a hai 20 anos, co que sube o potencial adictivo e tóxico".

Para este experto as adiccións están normalizadas e a sociedade, tamén adicta sen sustancia, anestesiada por mor da súa relación coa tecnoloxía: "o mal uso da tecnoloxía empeora a convivencia familiar, fai que deixemos de facer outras cousas - Rial aporta datos - máis de 30.000 rapaces galegos menores de idade están facendo un uso problemático da rede, consolas, tablets, móbiles… Nun de cada 4 fogares con mozos hai conflitos co uso de internet, e os adultos non damos bo exemplo porque estamos consultando o mobil en todo momento."

A clave da prevención: a educación. "A educación ten un papel fundamental, refírome á que fai a tribo no seu conxunto. Temos que retomar o pulso da educación, é necesario, Aínda que tamén é necesario que as administracións se ocupen." subliña.

"A sanidade pública ten un déficit de recursos e de profesionais especializados, falta sensibilidade"

Sobre a pauta a seguir unha vez detectamos síntomas de adicción, recomenda pedir axuda. Pon un exemplo: "O Fornite. Non vale de nada cortarlle ó rapaz o videoxogo porque pode estoupar todo, temos que acudir a un profesional, e aí a sanidade pública ten un déficit de recursos e de profesionais especializados. O problema non e de agora, as adiccións levan toda a vida, agora temos adiccións distintas que se suman ás que xa había. Debemos ocuparnos, nas administracións falta sensibilidade.

Sensibilidade como a que tivo Touri ó facer aquela chamada e a que tiveron dende Fariña para organizar esas xornadas e sensibilizar sobre as implicacións que teñen as adiccións no desenvolvemento persoal, na saúde e na convivencia.

Fariña: A xira

Despois das charlas, á tarde: a adaptación teatral do libro de Carretero. Fariña volta á cidade herculina. Máis de 50.000 espectadores desfrutaron xa do traballo de Sergio Zearreta, César Goldi, Marta Lado e Graciela Carlos e Xosé A. Touriñán dirixidos por Tito Asorey, as entradas están á venda en ataquilla.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00