IlustrarNÓS, colores e música para a rapazada
Os obradoiros, organizados pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, celebráronse nos colexios da Pobra de San Xiao e Sober

IlustraNós no CEIP San Xiao

Lugo
Música e ilustración, as protagonistas dos obradoiro artellados pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo no programa IlustraNós, aterran no na Pobra de San Xiao e Sober. A ilustradora Laura Romero e o músico Juan A. Álvarez conduciron unhas sesións de debuxo e música nas que as nenas e nenos puideron coñecer, nos seus centros educativos, de preto algúns instrumentos tradicionais, o seu nome, as diferencias entre eles, os materiais, o son que emiten ou a súa historia ... e vincular os seus sons ás cores.
A rapazada dos CPI Ramón Piñeiro e CEIP Virxe do Carme de Sober aprenderon que a música e as cores teñen máis en común do que a priori cabe pensar. Nesta actividade traballaron sobre o paralelismo que existe entre os sons máis vivos e agudos coas cores cálidas e os sons máis graves, profundos e calmados.
As actividades de IlustrarNós, que teñen como obxectivo fomentar a creatividade e achegar as xeracións máis novas o traballo de creadoras e creadores galegas, continuarán durante as vindeiras semanas, chegando a máis dunha docena de centros educativos das distintas comarcas.
As seguintes paradas en primaria serán, segundo orde cronolóxica: o CEIP San Cosme de Barreiros Fondo Nois de Foz, o CEIP O Salvador, o CEIP Plurilingue da Pontenova e o CPI de Cervantes. En Secundaria arrancarám, que traballarán coa banda deseñada, arrancarán no IES Río Cabe de Monforte, logo no CPI Dr. López Suárez de Friol e, por úlltimo no IES Pedregal de Irimia de Meira.
E para a formación superior a aventura culminará na Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo na celebración do II Certame de Ilustración “IlustrarNÓS”. O programa inclúe a convocatoria do II Certame de Ilustración “IlustrarNÓS”, dirixido a fomentar a creatividade e as artes gráficas nos centros de ensino e aberto a alumnado de Primaria, Secundaria, BAC e Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior. Establéncense catro categorías de creación, en función das etapas educativas, cos seus correspondentes premios. As bases e as follas de inscrición, que foron remitidas a todos os centros educativos, están tamén disponibles en cultura.deputacionlugo.gal
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo




