Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

‘Achegándonos’, o proxecto intercultural de intervención familiar do Concello de Lugo para a prevención das adiccións na mocidade

A iniciativa, que será de balde, vai dirixida a 10 familias cun elevado grao de vulnerabilidade económica e social.

O programa desenvolverase durante os meses de marzo, abril, maio e xuño

O programa desenvolverase durante os meses de marzo, abril, maio e xuño

Lugo

"As diferenzas suman", baixo esa premisa a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou o Achegándonos, un novo proxecto intercultural de intervención familiar para a prevención das adiccións na mocidade lucense. Este programa é iniciativa da área de Xuventude coa que o Goberno local pretende avanzar "na integración e na inclusión social dende o eido da prevención das adiccións na rapazada".

Achegándonos preséntase coma unha actividade novidosa dirixida a familias con fillos ou fillas menores e baseada no crisol étnico e racial presente na cidade, xa que o 10% da poboación é estranxeira. As actividadesl desenvolveranse durante os domingos, xa que “todos os membros poderían dispoñer de máis tempo libre e en todas as sesións, as familias contarán coa axuda de expertos a nivel de asesoría na prevención e na educación das e dos seus fillos, para o que se aproveitarán os coñecementos do resto de integrantes do grupo sempre dende o respecto ante a diversidade e as diferenzas”, subliñou a alcaldesa.

Méndez insiste en que o executivo local ve fundamental traballar coa diversidade cultural “dun xeito colectivo, dende os principios da tolerancia, a integración e a solidariedade”. Por iso, tal e como indicou a rexedora, "sobre esta base, os encontros permitirán afondar noutros valores básicos para a prevención de condutas aditivas como o respecto e a responsabilidade, buscando outras maneiras alternativas de ocio".

A iniciativa, que é totalmente de balde, vai dirixida a 10 familias, que xa foron seleccionadas por medio de educadoras sociais do Concello, con maior vulnerabilidade non xa económica senón de tipo educativo, social... “Agora mesmo contamos xa con 30 participantes de países como Cuba, Perú, Marrocos, Venezuela, Colombia, España e Ghana, pero calquera familia interesada pode solicitar a súa participación enviando un mail a prevenciondrogas@lugo.gal” abondou Mauricio Repetto.

Achegándonos pretende ser un espazo de encontro para familias de diversas procedencias, no que mellorar as relacións e afondar no autocoñecemento. “A nosa vontade é propiciar que a rapazada e as e os seus parentes pasen xuntas un tempo de ocio de calidade, teñan oportunidade de descubrir diferentes culturas e poidan empatizar coas historias persoais de cada membro do grupo ao tempo que interiorizamos a necesidade de establecer unha convivencia positiva dentro do núcleo familiar así como a nivel comunitario”.

Isto axudará, segundo destacou o responsable de Xuventude, a erradicar estereotipos e tópicos, potenciando as relacións afectivas positivas e fomentando a colaboración grupal. O programa arranca o vindeiro 27 de marzo e finalizará no mes de xuño.

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir