Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Arranca o programa Coñece a túa provincia

Máis de 3.000 persoas poderán gozar destas viaxes gratuítas pola xeografía lucense coas que a institución provincial apoia a actividade do turismo, a hostalería e o comercio local

A Asociación de Amas de Casa de Consumidores foron os primeiros en gozar da experiencia

A Asociación de Amas de Casa de Consumidores foron os primeiros en gozar da experiencia

Lugo

A Deputación de Lugo estreou este mércores a segunda edición do programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia. Máis de 3.000 persoas, pertencentes a 136 asociacións e colectivos lucenses, son as que gozarán da experiencia de coñecer a provincia en primavera, ata o 30 de xuño, e en outono, de setembro a novembro.

A primeira entidade beneficiaria foi a Asociación Provincial de Amas de Casa e de Consumidores de Lugo Lucus, que visitaron o Pozo da Ferida e o concello de Ferreira do Valadouro para despois seguir a ruta no castelo de Castrodouro e a Finca Galea, en Alfoz.

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, acompañou aos primeiros participantes e destacou que a reedición deste programa, busca "seguir favorecendo o coñecemento da provincia entre os propios veciños e veciñas, e apoiar a actividade da hostalería, do turismo e do comercio fronte ao impacto da pandemia, ao tempo que seguimos consolidando un modelo de turismo de calidade, sostible, con capacidade para atraer visitantes ó longo do ano, que pon en valor o patrimonio e que mantén e crea emprego, sobre todo no rural”.

A institución provincial recibiu 170 solicitudes durante o período de inscrición, das que foron admitidas 135 seguindo a orde de inscrición ata completar as prazas dispoñibles e aceptáronse 32 entidades que entraron na listaxe de agarda.

O programa Coñece a túa Provincia inclúe, de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo.

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir