Música
Festival Terraceo

O Festival TerraCeo presenta a súa terceira edición

Más artistas internacionais, máis presenza de artistas femininas, máis grupos galegos e máis artistas locais entre as novidades

Concierto de la pasada edición del festival / D.L

Vigo

O Festival TerraCeo, emblema da programación musical da cidade de Vigo, presentou hoxe a súa terceira edición na espectacular terraza do Auditorio Mar de Vigo, lugar onde teñen lugar as actuacións deste festival.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou hoxe os 22 primeiros nomes desta terceira edición, que arrincará o 6 de maio con Anni B Sweet e terá entre os seus primeiros nomes, a artistas destacados como a mexicana Lila Downs, Soleá Morente, unha das artistas máis potentes do flamenco e pop rock a nivel estatal, os alemáns Digitalism Dj Set, Taburete, Xisco Feijóo, Hens, Ángel Stanich, o novo proxecto de Berto, que actuará xunto a Familia Caamagno ou a única data en Galicia da Xira 20 aniversario de Delafé y las flores azules.

Cos primeiros artistas confirmados, aos que se sumarán moitos máis nas vindeiras semanas, o festival marca o criterio das novidades nas liñas de programación desta nova edición: maior presenza de artistas internacionais, máis presenza de artistas femininas e aumento no número de bandas e artistas galegos. Toda esta idea de programación evolucionará, tendo en conta tamén a presenza de numerosos artistas locais, seguindo a esencia de TerraCeo de combinar nomes consagrados con artistas máis novos. Entre as artistas viguesas que se deron a coñecer neste primeiro avance están Law, Babykatze, Carla Lourdes, As Fillas de Cassandra ou dani, unha das artistas revelación do último ano.

TerraCeo chega a esta terceira edición buscando a consolidación como evento musical de referencia no Noroeste da Península e continuando a tradición e Vigo como gran epicentro musical. Concebido durante a pandemia, como un evento ó aire libre cunha programación musical continuada entre finais de primavera e durante o verán, TerraCeo foi o evento revelación en Galicia nas dúas anteriores edicións. O festival acadou unha gran asistencia de público e grandes cotas de popularidade, ademáis de funcionar como motor de reactivación da industria musical durante os dous anos duros de pandemia.