A terceira edición dos premios provinciais á hostalería e ao turismo de Lugo premiará a sostibilidade
A Deputación abrirá o 1 de abril o prazo de presentación de candidaturas

Pilar García Porto na entrega dos premios Lugo Cambia

Lugo
A Deputación de Lugo abrirá o vindeiro 1 de abril o prazo de presentación de candidaturas para a terceira edición dos premios provinciais á hostalería e ao turismo. Ese ano, a maiores das categoría Lugo Cambia ao turismo lucense e ...E para comer, Lugo á gastronomía lucense, incorpórase como novidade un recoñecemento enfocado ao Turismo Sostible.
Poden presentarse persoas físicas ou xurídicas, institucións e entidades públicas ou privadas, asociacións e colectivos sen ánimo de lucro, de ámbito local, autonómico, nacional ou internacional que destaquen nalgunha das tres modalidades e que teñan repercusión positiva no turismo ou na gastronomía a nivel provincial. As bases recóllense da convocatoria recóllense no Boletín Oficial da Provincia (BOP) deste 31 de marzo.
Os encargados e encargadas de decidir os premiados desta tercera edición será un xurado composto polos representantes do Consello Provincial de Turismo, que, nunha sesión extraordinaria, fallará tres premios nas categorías Lugo Cambia ao Turismo Lucense e ...E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense, respectivamente, e un único premio no caso da categoría de Turismo Sostible. Na valoración das candidaturas terase en conta a aportación da iniciativa ao desenvolvemento turístico, a singularidade da proposta e a repercusión positiva sobre a imaxe da provincia.
Os galardóns serán entregados o 27 de setembro nun acto público coincidindo co Día Mundial do Turismo. Como nas dúas edicións anteriores, os premios, con carácter honorífico, consistirán nun diploma acreditativo e nun agasallo, que será unha peza de artesanía tradicional da provincia.
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo




