Fara Antolín incorpórase á Selección Galega Sub 17
Fara Antolín, xogadora da Escola de Fútbol Feminino Rosalía, incorpórase á expedición autonómica

Fara Antolín incorpórase a Selección Galega / Escuela Rosalia

A Selección Galega de Fútbol Sub 17, xogará dous partidos correspondentes á 1ª fase do Campionato de España.
O primeiro encontro será ante Canarias, no Municipal de Pastoriza, o venres día 1 de abril; o segundo será o domingo día 3 de abril, fronte a Extremadura.
A ourensá de 16 anos, convértese na primeira xogadora da Escuela de Fútbol Rosalía en ser convocada para un partido oficial da Selección Galega.




