Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Gastronomía, cine e obradoiros na previa do Arde Lvcvs

Durante os meses de abril e maio espallaranse máis de cincuenta actividades relacionadas coa cultura romana e castrexa por todo Lugo

Facebook Arde Lucus

Lugo

O Arde Lvcvs quece motores en Lugo con medio centear de actividades sobre a cultura romano castrexa. A festa romana por excelencia na ciudade lucense celebrarase entre o 9 e o 12 de xuño, pero antes as rúas da cidade gozarán do Arde Lvcvs Cultural. Esta programación especial desenvolverase durante os meses de abril e maio.

Segundo apunta o concelleiro de Xuventude, Mauricio Repetto “serán actividades de balde, pensadas para a veciñanza de todas as idades e para a xente de fóra de Lugo que queira coñecer mellor o pasado da nosa cidade”.

A programación abrangue activdades de cine, roteiros, xogos, teatro, obradoiros, conferencias e tamén gastronomía, que cobra especial importancia esta edición. Entre as novidades, recupérase a “Ars Magirica’, que terá lugar a semana anterior do Arde Lvcvs. Unha actividade na que colabora a asociación de empresarios de hostalería para realizar xornadas gastronómicas de degustación de tapas inspiradas "nos pratos e sabores típicos do mundo romano".

Obradoiros coas asociacións

No mes de abril, a programación inclúe obradoiros da man de Caetra Lucensium, que realizará unha demostración de como funcionaba unha bomba hidráulica de Cetsibio - Heron coa colaboración dos Bombeiros do Concello de Lugo, e da Lucus Icenas Miliatore, asociación que ensinará a realizar escudos.

Tamén a Lucus Equites guiará aos asistentes pola vía XIX; as Asemblearias ofrecerán a oportunidade de buscar as ofrendas de Lucus Augusti; Kertix realizará unha mostra dos pequenos teares romanos e un obradoiro para Cestear coma un romano, e Terra Corpora realizará obradoiros de ourivería castrexa.

Ciclo de cine arqueolóxico e paseos

O ciclo de cine arqueolóxico, que se ubicará no auditorio do Vello Cárcere, serán os días 5, 12 e 19 de maio. Todas as persoas interesadas poderán gozar coas proxeccións de ‘Enxeñería romana: estradas’, ‘Outeiro de Can da Isca. Un novo petroglifo en Campo Lameiro’ e ‘O reino suevo de Galicia’.

Tamén volverán os paseos con Paulo Fabio Máximo da man de Senatus de Lucus Augusti os días 23 de abril e 7, 14, 21 e 28 de maio. Ademais, poderase xogar co lanzamento de bolos co Club de Bolos Celtas Muralla, os días 2, 9, 16, 23, 30 de abril e 7 e 14 de maio.

As actividades poderanse consultar na web e redes de festa Arde Lvcvs www.ardelucus.com e a inscrición das actividades realizarase en formulario.xuventudelugo.gal.

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir