Sociedad

Ribadavia prepárase para a Semana Santa

Música, cultura e monumentos, entre o máis destacado, para veciños e visitantes

Vista de Ribadavia / Wikipedia

Ribeiro

A vila de Ribadavia xa ten pechada a programación cultural de Pascua. Ademáis está realizando estos días a limpeza do casco histórico e das zoas monumentais según apuntan dende o Concello para "recibir nas mellores condicions aos visitantes na Semana Santa".

Volverase celebrar “A arte dos monumentos”, 2ª edición, do 14 ao 17 de abril, con visitas guiadas a: O Forno recuperado polo Concello no casco histórico, o Edificio da Casa Consistorial, a Igrexa de Santiago, e a Igrexa da Oliveira.

Ademais, haberá programación no Auditorio: o venres 15 de abril, con música de Jazz galego, con Rafa Fernández Trío, o sábado 16 de abril teatro, “Loló e Mamá”, de Ste Xeito Producións e con dirección de Esther Carrodeguas, autora premiada cun Abrente de textos teatrais 2015 e maxia o domingo ás 18h, coa Asociación Magos do Ribeiro. Asemade haberá música na rúa.

E engadimos o programa de Conciliación dirixido ás familias con nenos e nenas de entre 3 a 14 anos nas vacacións escolares os días: luns 11, martes 12, mércores 13 e luns 18 de abril de 2022, con horario de 9:00-14:00 horas. Esta será a segunda ocasión que se realice, despois de iniciarse por primeira vez o ano pasado.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00