Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

As Bibliotecas de Redondela premian, un ano máis, o uso do servizo de préstamo por parte de menores de 14 anos

Carmela Santos e Celia Santamariña, de 9 e 11 anos, respectivamente, foron as galardoadas neste 2022

Carmela Santos (na foto da esquerda) e Celia Santamariña / Picasa

Carmela Santos (na foto da esquerda) e Celia Santamariña

Vigo

Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil, o pasado sábado 2 de abril, as Bibliotecas Municipais de Redondela premiaron, como cada ano, aos lectores/as, menores de 14 anos, que maior uso realizaron do servizo de préstamo no ano anterior, atendendo aos datos que rexistran as súas estatísticas.

Os premiados son nomeados Socios de Honra das bibliotecas e, como consecuencia disto, teñen a oportunidade de levar un maior número de documentos en préstamo durante o ano 2022. Ademais fainos merecedores dun premio para a adquisición de libros nunha librería do municipio.

As galardoadas deste ano foron, Carmela Santos, de 9 anos de idade, pola Biblioteca Pública Municipal Valle-Inclán de Redondela e Celia Santamariña, de 11 anos, pola Biblioteca Pública Municipal Xela Arias de Chapela.Desde 1967, o 2 de abril, día do natalicio de Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir