A Semana Santa de Paradela de Meis é para vivila
Nesta edición de Vermú con SER visitamos o Concello de Meis para coñecer a Semana Santa de Paradela, unha tradición relixiosa con máis de tres séculos de historia
Vermú con SER - A Semana Santa de Paradela de Meis é para vivila (10/04/2022)
Os vecinos da parroquia de Paradela, en Meis, poideron recuperar, despois de dous anos en branco, o que máis lles identifica, as representacións teatrias da Semana Santa, as pasaxes da paixón de Cristo que comezaron este pasado Domingo de Ramos e teñen os seus días centrais nos catro últimos da semana.
Nas voces da dirección e dos que saen a escena achegámonos a unha tradición que din que ten polo menos tres séculos e que neste XXI paga a pena vivila en directo.