Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Xinzo convoca o concurso de narración curta Carlos Casares

O certame, dirixido a público infantil e mocidade, ten unha dotación de case dous mil euros en premios

Convocadas as bases do VI Premio de narración curta "Carlos Casares" / Concello Xinzo de Limia,

Convocadas as  bases do VI Premio de narración curta "Carlos Casares"

Xinzo de Limia

Unha primavera máis, e xa van seis, o Concello de Xinzo de Limia convoca o Concurso infantil e xuvenil de narración curta Carlos Casares. O autor, que para o público máis novo escribiu obras como “O galo de Antioquía”, volverá a inspirar a todo o alumnado participante. Con motivo da próxima celebración das Letras Galegas, a Concellería de Cultura vén de facer públicas as bases polas que se rexerá o certame. Outorgaranse dous galardóns en cada unhas das categorías, case 2.000 euros en premios, consistentes en vales para mercar libros nas librarías da vila.

Aquelas persoas que desexen compartir o seu talento literario poderán concorrer ao premio cun relato escrito inédito en lingua galega. A temática será libre e establécense sete categorías: unha para os cursos de infantil; tres para os diferentes ciclos de primaria; dúas para os de secundaria e unha para os alumnos de bacharelato en adiante.

Está previsto que o fallo do xurado, composto por membros da Fundación Carlos Casares, escritores limiaos, profesores de Lingua e Literatura e técnicos de Cultura e Educación do Concello, se faga público o 17 de maio.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir