Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Merendola para celebrar a apertura do novo Parque da Avenida das Américas

As obras de mellora e humanización do parque supuxeron un investimento de preto dos 40.000 euros

Lara Méndez pon a disposición da cidadanía un novo concepto de parque infantil na Avenida das Américas

Lara Méndez pon a disposición da cidadanía un novo concepto de parque infantil na Avenida das Américas

Lugo

Os nenos e as nenas veciños da Avenida das Américas xa poden gozar da renovación do seu parque. Entre as melloras destaca o novo pavimento de caucho, a incorporación de novos elementos de xogo, a rehabilitación dos existentes e a humanización da contorna, aumentando o número de papeleiras.

O recinto reabría as súas portas completamente remodelado, logo dun investimento de 38.000 euros co que o Executivo local procedeu á modernización desta dotación “moi empregada pola veciñanza da contorna como zona de encontro e de lecer”, sinalou a alcaldesa Lara Méndez.

O concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, lembrou que se trata da primeira área de xogos infantís da cidade que conta cun pavimento destas características “o que marcará unha liña a seguir para futuras intervencións”. O firme dos parques adoita ser de caucho liso ou de herba artificial, porén “como novidade, nesta ocasión, optouse por instalar un firme colorido, con figuras e xogos impresos no propio pavimento que incrementarán as posibilidades de lecer das crianzas”, explicou.

A rexedora puxo en valor o traballo que dende o Concello "se está a desenvolver para mellorar os parques públicos da capital aos que queremos dotar dunha identidade propia e diferenciada, estudando e aplicando novos conceptos urbanísticos e paisaxísticos que redundarán nunha maior calidade de vida nos barrios"

Durante esta primeira festa, a rapazada puido gozar dunha merenda saudable “porque a alimentación é un piar estratéxico da sostibilidade, cando se trata do consumo de produtos de proximidade, e unha peza fundamental na dinamización económica do municipio e na proxección da gran calidade que ten a nosa materia prima”, engadiu Méndez.

Con esta intervención o concello leva investidos máis de 600.000 euros nos parques infantís da cidade durante os últimos dous anos entre os que destacan o novo parque de Novo Freire, o ubicado entre as rúas Manuel María e Túnel de Oural, na Piringalla, a cubrición do de Augas Férreas ou as melloras que se executaron no de Rosalía de Casatro e na zona recreativa de Aquilino Iglesia Alvariño.

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir