Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Un tardeo por Ucrania

Actuacións de músicos locais coma Edgar Bao ou Forget La France porán a banda sonora a un evento no que todo o recadado se destinará a Cruz Vermella

Os concertos terán coma escenario o sótano da Praza de Abastos

Os concertos terán coma escenario o sótano da Praza de Abastos

Lugo

Este domingo día 24 de abril a Praza de Abastos de Lugo acollerá un tardeo solidario no que todo o recadado será donado a Cruz Vermella para o seu traballo cos afectados pola invasión rusa a Ucrania. O evento contará coas actuacións dos lucenses Edgar Bao, Forguet La France, La Penúltima e David Taboada & Fernando Losada, todas desinteredasas.

A entrada para esta festividade terá un coste de 10 euros e poderán adquirirse o propio día ás portas do soto da Praza de Abastos ou de xeito anticipado na web: https://www.woutick.es/ ou no local comercial Panda Cúnico, situado na rúa Nova, 78 en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

Ademais destas entradas establecerase unha "Fila 0" para que toda a cidadanía poida colaborar con esta causa benéfica aínda que non asistan aos concertos. A rexedora lucense, Lara Méndez, falaba do "orgullo que supón anunciar iniciativas solidarias na nosa cidade coma esta, lideradas por artistas locais que poidan dar visibilidade aos seus fantásticos traballos sumando, á vez, esforzos en contra da guerra e en apoio de Ucraína”

A responsable da área de Benestar do concello de Lugo, Olga López, subliñaba na presentación do evento solidario a cantidade de chamadas da veciñanza interesada en axudar dalgún xeito ao pobo ucraniano. É por iso polo que destacan que, "acudir a este evento é unha boa forma de facelo".

A rexedora lembraba que, Lugo ven de sumarse á iniciativa solidaria impulsada pola Confederación de Empresarios e a Federación de Asociacións de Veciños para acadar o apoio da sociedade lucense á poboación ucraína baixo o lema ‘Lugo con Ucraína. Non á guerra’ a través da que se pretende poñer á venda ao redor de 3.000 camisetas deseñadas para visualizar a implicación da cidadanía luguesa coa catástrofe humanitaria que derivou do conflito bélico.

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir