Sociedad

O barrio do Carme contará co primeiro coliving artísitico municipal de España no 2023

O proxecto conta cun orzamento de medio millón de euros para rehabilitar unha casa do barrio, dividila en tres habitacións e varios espazos comúns e áreas de traballo e talleres

Infografía do proxecto municipal lucense

Lugo

No 2023 Lugo se convertirá na primeira cidade do país en contar cun coliving artísitico municipal. Os artistas escollidos, que estarán seleccionados por un comité de profesionais do mundo da arte, vivirán durante catro meses neste espazo de creación artística, ubicado ao pé do Camiño Primitivo, no barrio de O Carme.

Este proxecto conta cun investimento de preto do medio millón de euros, enmarcado na estratexia DUSI Muramiñae, que estará financiado ao 80% pola Unión Europea, a través dos fondos FEDER. Coa casa coliving, o Concello de Lugo busca "darlle unha oportunidade aos talentos lucenses, potenciar o emprendimiento en iniciativas culturais e utilizar a creación como medio de expresión e nexo entre o patrimonio histórico-cultural de Lugo co pensamento e a sociedade, así como revitalizar o Camiño Primitivo e o turismo de calidade e experiencias que esta vía de peregrinaxe atrae a Lugo".

A execución do proxecto sairá a licitación na Xunta de Goberno Local da vindeira semana por un valor de 500.000 euros e un prazo de obra de 10 meses. Incluirá a rehabilitación da vivenda, que disporá de tres habitacións, espazos comúns e áreas de traballo e talleres, a recuperación do espazo exterior para crear unha zona verde de 3.000 metros cadrados, espazo no que se organizarán concertos, teatro e mostras cos traballos dos artistas residentes, e a creación dunha nova edificación, que funcionará como zona expositiva.

Segundo avanzou a rexedora, esta “é unha fórmula que supera aos espazos clásicos de emprendimento, os coñecidos como coworking, xa que, neste caso, os artistas, ao mesmo tempo que comparten lugar de traballo para desenvolver o seu proxecto creativo, convivirán”.

Espazos verdes

En canto os espazos verdes, o deseño terá en conta os desniveis existentes desde a Rolda do Carme á casa para que sexa accesible, polo que se estruturará en bancais e delimitará de espazos "aproveitando os muros existentes para crear distintas zonas onde desenvolver actividades culturais. Así mesmo, a existencia de auga na parcela permitirá canalizala para crear un estanque con vexetación adecuada ao seu ao redor", matizan os socialistas.

Méndez puxo en valor á xeración da estrutura verde, que conectará a cidade amurallada co leito do río, mostrando a localización das antigas hortas e respectando a vexetación tradicional. “Non buscamos crear un xardín senón xestar dous ambientes principais e diferenciados. Un, de carácter máis forestal, que separará o espazo do tráfico rodado do Carme, con arboledo composto principalmente por exemplares de folla caduca e outro máis aberto.

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo