Salvamento Marítimo rescata un pesqueiro en Fisterra
O pesqueiro "Madre Adriana" foi rescatado polos servizos de rescate logo de sufrir unha avaría na súa máquina. O buque, con tres tripulantes a bordo, lanzou un sinal de socorro logo de sufrir a rotura da redutora, o que lle obrigou a solicitar remolque. Salvamento Marítimo mobilzou á Salvamar Régulus, con base en Porto do Son, procedendo a dar remolque á nave dende a súa posición a 6,8 millas ao suroeste do Cabo ata o porto de Fisterra.
O "Madre Adriana" é un naseiro de fibra botado nos asteleiros Carracedo de Laxe en maio do 2017 e pertence a unha familia de Sardiñeiro. Mide 12 metros de eslora e está matriculado en Corcubión.