Sociedad

Lara Méndez busca financiar con 12 millóns de euros o Museo da Romanización en San Fernando

A alcaldesa lucense enmarcou esta decisión no modelo de cidade "que lidera" e a través que se se está a abordar "a segunda gran transformación do municipio"

Imaxe de arquivo da rexedora, Lara Méndez

Lugo

O Concello de Lugo concorrerá ás subvencións convocadas polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a rehabilitación de edificios de titularidade pública co obxectivo de conseguir os 12 millóns de euros necesarios para a recuperación do Museo da Romanización de San Fernando.

“Dende o primeiro momento do meu mandato asegurei que non renunciariamos a esta actuación porque entendiamos que o Museo e Centro de Investigación da Romanización de Galicia e Noroeste de España debe estar en Lugo, e no Cuartel de San Fernando - aseverou Lara Méndez - non só exercendo un cometido expositivo, senón porque tamén é determinante a súa capacidade como centro de investigación e divulgación e como polo turístico”.

Para o executivo de Méndez, esta rehabilitación “non só servirá para satisfacer unha antiga débeda coa cidade, senón para culminar as actuacións de creación de Zonas de Baixas Emisións, á peonalización das rúas circundantes ao edificio de referencia e da Praza na que está ubicado. Polo que, no seu conxunto, a intervención implica completar o fito de peonalizar integramente o Casco Histórico”.

A rexedora lembrou que o Cuartel xa conta cun proxecto de rehabilitación que debe ser actualizado en canto ao orzamento e as medidas de aforro enerxético, xa que debido ao tempo transcorrido, son moitas as alternativas medioambientais que poden aplicarse agora con vistas a alcanzar un aforro, superior ao 30%, deste tipo de consumos.

A alcaldesa lucense enmarcou esta decisión no modelo de cidade "que lidera" e a través do cal está a abordar "a segunda gran transformación do municipio, centrada tamén na recuperación e dinamización económica do concello"

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo