Os retos económicos de Galicia, a debate en Muxía
O Foro Económico de Galicia celebrou a súa reunión anual no Parador da Costa da Morte
Máis de medio cento de expertos, académicos, empresarios ou responsables da administración e entidades bancarias están participando dende onte neste evento que se celebra logo de 2 anos de parón debido á pandemia. O obxectivo é realizar unha profunda análise sobre os retos aos que se enfronta Galicia.
Na xornada de onte xoves abordouse a Crise Industrial en Galicia, Mito ou Realidade; tamén se debateu sobre a necesidade dunha reforma da administración, cunha listaxe de 13 medidas para adaptar os servizos ás necesidades do nosos tempo.
Hoxe venres o director da Axencia Tributaria, Jesús Gascón, impartiu unha conferencia sobre os Retos da Administración Tributaria nun contexto de Cambio. Terá como moderador ao conselleiro de Facenda Miguel Corgos.
Descubre la nueva app de Cadena SER Te ofrecemos una mejor experiencia de audio y video
DescargarO presidente de RENFE, Isaías Táboas, abordou o presente e futuro da mobilidade sostible.
Julio Castro Marcote, director do Parador destaca o potencial da Costa da Morte para este tipo de eventos, cada vez son máis as empresas e entidades que buscan lugares tranquilos para celebrar os seus congresos e reunións de socios. Nesta semana o Parador acolleu a presentación do novo modelo eléctrico de Citroën, a reunión do Foro Económico e dende o sábado pola tarde un congreso de Cardioloxía. Precisamente o sector sanitario é o que máis está optando pola costa da Morte para celebración de eventos.




