Directo

ENTREVISTA RODRI Sigue en directo la entrevista en 'El Larguero' a Rodri, el ganador del Balón de Oro

Sociedad | Actualidad

Catro feridos nunha saída de vía en Laxe

Outra persoa resultou ferida noutro sinistro en Arteixo

Ambulancia do 061 / Sergas

Catro persoas resultaron feridas nunha saída de vía dun vehículo no municipio coruñés en Laxe, á altura de Traba.

Segundo informa o 112 Galicia, recibiuse aviso de servizos sanitarios sobre as 3,00 horas da madrugada deste sábado por un accidente na estrada que une Pasarela e Laxe. Foron avisados axentes de Tráfico, Policía Local, Bombeiros de Carballo, GES de Ponteceso e membros de Protección Civil da localidade.

Por outra banda, ás 5,00 horas da madrugada deste sábado produciuse outra saída de vía, neste caso en Arteixo, cunha persoa ferida en en Armentón, na AC-552, punto quilométrico 14.

A Policía Local deu aviso ao 112, mentres Protección Civil comunicou que a única persoa ferida ía ser evacuada polos profesionais sanitarios. Ademais, foi preciso cortar ese punto da estrada para que un guindastre puidese proceder á retirada do vehículo, que terminou envorcado.