Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Rosalía de Castro salvagarda o IES San Xillao de Lugo

O alumnado foi seguindo o traballo do artista responsable do deseño, Rubén Paz

Maite Ferreiro, Alex Penas e o alumnado do IES

Maite Ferreiro, Alex Penas e o alumnado do IES

Lugo

A mirada da artistas Rosalía de Castro será testemuña de todo o que suceda no IES San Xillao de Lugo. Neste centro ven de rematararse un mural homenaxe a Rosalía no marco da programación que a área de Cultura desenvolve arredor da autora.

O deseño de Rubén Paz loce nun dos muros do recinto do centro, fronte á porta de entrada, onde nos últimos días o artista completou o traballo acompañado polo alumnado.

Na visita ao centro, acompañada polo concelleiro de Infraestruturas de Lugo, Alexandre Penas, a vicepresidenta da Deputación compartiu impresións co profesorado e coas alumnas e alumnos do centro e sinalou “a boa acollida que tivo a iniciativa por parte dos centros educativos, que a través destas intervencións artísticas achegan ao alumnado unha figura imprescindible para a cultura, a lingua e o feminismo ao tempo que fomentan a creatividade e embelecen os seus recintos”.

O mesmo deseño loce tamén no CEIP Avelino Díaz de Meira e no CEIP Manuel Mato Vizoso de Vilalba, e realizarase, en vindeiras datas, no CEIP Xoan de Requeixo de Chantada.

Igualmente, faranse intervencións artísticas inspiradas na obra rosaliana, a cargo da ilustradora Ana Santiso, no IES de Foz (do 16 ao 20 de maio), no IES Monte Castelo de Burela (do 30 de maio ao 3 de xuño), e no IES San Rosendo de Mondoñedo e o IES Pedregal de  Irimia de Meira, en datas aínda por concretar Programación sobre Rosalía Ademais das intervencións artísticas en centros educativos, dentro da programación sobre Rosalía, a Vicepresidencia da Deputación mantén en xira polos concellos dúas obras teatrais sobre a autora: “Libra coma os paxaros”, de Teatro do Atlántico, que se representou durante o mes de marzo e abril en Sarria, A Pobra do Brollón, Chantada, Meira e Ribadeo, e “A Viaxe de Rosalía”, de Larraitz Urruzola, que pasou por Barreiros, Quiroga e Becerreá

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir