Directo

CARRUSEL DEPORTIVO Sigue en directo la final de Europa League en Sevilla entre Eintracht y Rangers

Música

Presentado o Festival Vákner

Dumbría acollerá o festival o 28 de maio

Vídeo Dumbría

Costa da Morte

Dumbría vai ser o escenario do primeiro festival multitudinario da bisbarra. Esta mañán foi presentado o Festival Vákner na Deputación da Coruña. A sede do ente provincial foi o espazo elexido para anunciar a celebración dun evento que leva o nome do monstro que no ano 1493 se cruzou no camino do bispo armenio Mártiros.

Luar na Lubre vai ser o eixo dun concerto no que ademáis contarán coa colaboración de Ismael Serrano, Carlos Goñi (Revólver), Víctor Manuel e a cantante local Alexandra Suárez. Tamén haberá protagonismo para os Gaiteiros de Buxantes nunha cita que se celebrará o 28 de maio no campo de fútbol do Conco. Nesa mesma xornada, pola mañá, está prevista a inauguración da estatua do Vákner no Marco do Couto, un espazo localizado en pleno camino de Santiago, na encrucillada onde o camino se bifurca en dirección a Muxía e Fisterra.

A presentación desta mañá contou coa presenza de músicos de Luar na Lubre, con Bieito Romero á cabeza e coa vocalista vimiancesa Irma Macías. As entradas xa están a disposición do público en www.ataquilla.com

Escucha la radioen directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después de la publicidad

En directo

A continuación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Compartir

Suscríbete

Tu contenido empezará después de la publicidad