Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

850.000 euros para o servizo de conservación e mantemeneto das estradas provinciais

A decisión, que afecta aos concellos da Fonsagrada, Ribeira de Piquín, Negueira de Muñiz e Navia de Suarna, foi aprobada en Xunta de Goberno

Visita ás estradas lucenses

Visita ás estradas lucenses

Lugo

A Xunta de Goberno saca cara á diante a aprobación da adxudicación para a empresa Extraco, Construcións e Proxectos, S.A da prestación durante dous anos do servizo de conservación e mantemento das estradas de titularidade provincial por un importe de máis de 825.000 euros.

A voceira socialista, Pilar García Porto, destacou a importancia de dar luz verde a este contrato xa que “deste xeito toda a rede viaria provincial está cuberta e poden levarse a cabo as tarefas necesarias para a conservación e o mantemento das estradas, así como a atención de emerxencias, causas sobrevidas e consecuencias das inclemencias meteorolóxicas que lles afecten”.

García Porto puxo en valor a importacia de preservar e investir nas comunicacións da provincia. "Este contrato dá mostra de que para nós a mellora das comunicacións viarias é unha prioridade porque son necesarias para favorecer a calidade de vida das persoas e a igualdade de oportunidades”, explicou a voceira socialista e destacou que se leva a cabo co fin de poder actuar dun xeito máis áxil e eficaz “sobre todo tendo en conta a enorme rede de estradas coa que contamos, que, lembremos, é a máis extensa de toda España e tres veces maior ca da Xunta de Galicia na provincia de Lugo”.

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir