Ocio y cultura

Lucus Ensembre actuará en Vilalba polas mulleres da Historia da Música

O concerto ofrecerá un repertorio con pezas de creadoras, introducidas por breves comentarios sobre a biografía, a obra e contexto histórico no que se desenvolveron as autoras

Partituras de la marcha "Passio Grantensis", estrenada el Sábado Santo del año 2009 / Ser Cofrade

Vilalba

“A Muller na Historia da Música”, baixo este título aterra o grupo Lucus Ensemble en Vilalba. A actuación, ás 19.00 horas no Auditorio Municipal Carmen Estévez, forma parte dun ciclo impulsado desde a área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo para achegar a todos os públicos a música de mulleres que fixeron grandes contribucións á historia da música.

O concerto, en clave divulgativa, ofrecerá un repertorio con pezas desas creadoras, introducidas por breves comentarios sobre a biografía, a obra e contexto histórico no que se desenvolveron as autoras e a proxección de fotografías e documentos. Así, soarán pezas ou interpretacións das compositoras francesas Clemence de Grandva, Hedwige Chrétien ou Lili Boulanger. Tamén haberá cancións das grandes referentes da música en América Latina coma Violeta Parra ou Mercedes Sosa.

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, subliñou que “dar visibilidade á creación feminina é transversal a todas as propostas que organizamos desde a área de Cultura e esta iniciativa musical e divulgativa de Lucus Ensemble parécenos sen dúbida unha gran oportunidade para achegarnosá música de cámara na que como noutros eidos artísticos cómpre facer esa revisión histórica con perspectiva de xénero”.

O concerto en Vilalba dá continuidade a un ciclo con actuacións noutras localidades, como Barreiros ou Meira. A vindeira cita será o 21 de maio en Taboada.

Lucus Ensemble é un dos referentes da música de cámara de toda a provincia de Lugo. Cunha plantilla de once compoñente, goza dun prestixio gañado ao longo dos máis de 6 anos da súa existencia e dos múltiples concertos e repertorios desenvolvidos neste tempo. Constituídos como asociación sen ánimo de lucro, o obxectivo é a difusión da música de cámara e a posta en valor da muller na historia da música.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00