Hoy por Hoy Lugo Infromativo Matinal 8:20h (11/08/2020)
11/08/2020
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Un traballador senegalés foi o primeiro en dar positivo por coronavirus no municipio lucense de Castro de Rei. Ese resultado obrigou a realizarlle test á maior parte dos contactos do infectado e os primeiros resultados xa confirmaron outros dous positivos. Mentres seguen analizando esas PCR seguen illadas unhas 50 persoas. Moitos dos confinados traballaban directamente coas persoas contaxiadas ou compartían o autobús no que ían traballar aos invernadoiros. O primeiro temporero contaxiado vive en Castro de Ribeiras de Lea e traballa como xornaleiro nos invernadoiros de Pacios, na localidade lucense de Begonte. Por parte do Servizo Galego de Saúde aclararon que todos os contactos en relación a este caso están illados e baixo control, que reciben seguimento domiciliario e que están á espera de coñecer os resultados dos test ou de que llos realicen. Os temporeros, que chegan desde lugares como Senegal, Romanía ou mesmo desde o sur do país, levan aproximadamente un mes e medio na localidade lucense. Durante a súa estancia na Terra Chá, os xornaleiros viven en dous hostais da localidade, ademais de en unha terceira vivenda, unha casa construída especificamente para acollelos e cuxos ocupantes, que son aproximadamente 50, atópanse actualmente illados, debido a que é o edifico no que está o xornaleiro senegalés que deu positivo. Na xornada de onte desde o Sergas apresuráronse en dicir que non había ningún brote no municipio de Castro, que só se trataba dun positivo, pero os últimos resultados arroxaban dous novos infectados e haberá que esperar a media media mañá para coñecer os datos de último balance de casos activos. E o centro de saúde de Chantada deu a coñecer mediante un comunicado a existencia de tres casos de coronavirus na súa área de influencia. As tres persoas que resultaron contaxiadas atópanse asintomáticas e están illadas nos seus respectivos domicilios. En canto se tivo coñecemento destes casos procedeuse a localizar aos contactos directos
Episodios anteriores
Seleccione una fecha o rango de fechas
Hoy por Hoy Matinal Lugo 08:20 (09/12/2025)
Hoy por Hoy Matinal Lugo
09/12/2025 | 10:00
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0010:00Hoy por Hoy Matinal Lugo 07:20 (09/12/2025)
Hoy por Hoy Matinal Lugo
09/12/2025 | 10:00
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0010:00Hoy por Hoy Matinal Lugo 08:20 (08/12/2025)
Hoy por Hoy Matinal Lugo
08/12/2025 | 10:00
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0010:00Hoy por Hoy Matinal Lugo 07:20 (08/12/2025)
Hoy por Hoy Matinal Lugo
08/12/2025 | 10:00
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0010:00Hoy por Hoy Matinal Lugo 08:20 (05/12/2025)
Hoy por Hoy Matinal Lugo
05/12/2025 | 10:00
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0010:00Hoy por Hoy Matinal Lugo 07:20 (05/12/2025)
Hoy por Hoy Matinal Lugo
05/12/2025 | 09:59
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0009:59Hoy por Hoy Matinal Lugo 08:20 (04/12/2025)
Hoy por Hoy Matinal Lugo
04/12/2025 | 10:00
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0010:00Hoy por Hoy Matinal Lugo 07:20 (04/12/2025)
Hoy por Hoy Matinal Lugo
04/12/2025 | 10:00
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0010:00Hoy por Hoy Matinal Lugo 08:20 (03/12/2025)
Hoy por Hoy Matinal Lugo
03/12/2025 | 10:00
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0010:00Hoy por Hoy Matinal Lugo 07:20 (03/12/2025)
Hoy por Hoy Matinal Lugo
03/12/2025 | 10:00
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0010:00





