Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Hoy por Hoy Lugo Infromativo Matinal 8:20h (13/08/2020)

13/08/2020

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

00:00:0000:00

O brote de coronavirus no municipio de Castro de Rei, continúa con 6 infectados confirmados. O Sergas trasladou onte un equipo a Guitiriz para facer probas PCR a outros 110 temporeros da empresa Surexport que residen no municipio. A razón pola cal se decidiu continuar o cribado entre traballadores da firma por ese grupo de xornaleiros, e non polos que residen noutros dous edificios de Castro alleos a aquel onde se iniciou o brote, é porque os de Guitiriz traballan a diario no mesmo invernadoiro que a cuadrilla onde se detectou o primeiro positivo. Os resultados daranse a coñecer este xoves, polo que, polo momento, o brote de Castro segue tendo só os seis positivos detectados durante os últimos días. En canto ao número de casos activos, volven aumentar no último balance, onde o Sergas recoñece 84 casos, catro máis que no último rexistro. Mentres, tres persoas continúan ingresadas nos hospitais da provincia, dúas no Hula e unha en Monforte. Ata a data rexistramos 1.356 casos positivos de Covid-19 con 1.243 persoas recuperadas e 29 falecidas. A Xunta de Galicia publicou onte no Diario Oficial de Galicia a orde que regula novas restricións ao tabaco na rúa e espazos públicos, que establece que a excepcionalidade de quitarse a máscara para fumar só permitirase cando poida garantirse ou mantemento, en todo momento, da distancia de dous metros con outras persoas. A medida entrou en vigor esta medianoite. O ente autonómico, por tanto, non prohibirá o consumo de tabaco nas rúas e lugares públicos como terrazas, aínda que obriga aos consumidores para manter sempre a distancia de seguridade co resto de cidadáns. O comité de empresa Alcoa en San Cibrao aceptará a proposta do goberno e a Xunta para ampliar o período de consultas ata o próximo 28 de setembro. Esta mañá empresa e comité reúnense en Santiago para ratificar esa ampliación, nunha nova reunión. O Resurrection Fest en edición ' XS' quedou cancelado tras anunciar o Concello de Viveiro que non a

Episodios anteriores

Seleccione una fecha o rango de fechas

 
 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir