Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Hoy por Hoy Lugo Infromativo Matinal 8:20h (14/08/2020)

14/08/2020

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

00:00:0000:00

O brote de Castro de Rei continúa estable con 6 positivos confirmados e 170 PCR negativas. O director asistencial da área sanitaria de Lugo, Rafael Monte, confirmou que, tras a realización de 110 probas PCR durante a xornada do mércores deron negativo. Ademais, os seis positivos detectados en Castro Ribeiras do Lea foron recolocados noutro inmoble. En canto aos casos activos, a provincia de Lugo rexistra 9 máis que no último balance, para un total de 93. Tres persoas continúan ingresadas nos hospitais da nosa provincia, dúas no Hula e unha persoa en Monforte. Ata o día de hoxe contaxiáronse por Covid-19 na nosa provincia 1.369 persoas das que xa se recuperaron 1.247 e 29 faleceron. Alcoa e o comité de empresa alcanzaron onte un acordo para ampliar o período de consultas ata o 28 de setembro, acordo proposto esta semana pola Xunta, o Goberno e os sindicatos. Agora a multinacional terá que negociar a venda da planta de aluminio a Liberty House. A estrada provincial que vai de Belesar a Chantada por Camporramiro, a LU-P1804, foi cortada debido a un desprendemento de terra e o afundimento de parte da calzada debido ás intensas choivas. En concreto, afundiuse parte do firme no punto kilómetrico 6, no propio pobo de Belesar, fronte ao embarcadoiro da Deputación, e, para garantir a seguridade dos vehículos, procedeuse a cortar a vía. O tráfico pode desviarse pola ponte de Belesar ou pola estrada LU-553. A Policía Nacional de Lugo avisa do intento de estafa telefónica de individuos que se fan pasar por empregados de Microsoft e outras compañías tecnolóxicas para obter datos que poidan chegar a servirlles para estafar ao usuario do teléfono ao que chaman. Unha persoa necesitou asistencia médica con síntomas de intoxicación por inhalación de fume, tras declararse un incendio nunha casa situada no lugar de Augarrío, no Valadouro. O afectado foi trasladado ao Hospital de Burela. Unha Bonoloto selada en Lugo foi premiada con 80.000 euros na noite de onte.

Episodios anteriores

Seleccione una fecha o rango de fechas

 
 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir