Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Morre ós 87 anos Xosé Neira Vilas

O autor de "Memorias dun neno labrego", o maior bestseller da narrativa galega, faleceu na súa casa de Gres, no concello de Vila de Cruces. Narrador, ensaísta, periodista e poeta, moitos o compararon con Balbino, o personaxe máis famoso da súa creación literaria

Xosé Neira Vilas / Kalandraka Edicións

Xosé Neira Vilas

Santiago de Compostela

"Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesar do que lle aconteceu por causa miña".

Así comeza 'Memorias dun neno labrego', o libro máis universal de Xosé Neira Vilas. Hoxe Balbino queda orfo, e coma él, todos nós un poquiño tamén. Neira Vilas faleceu na súa casa de Gres, en Vila de Cruces, ós 87 anos de idade. Mantívose en activo ata os instantes finais da súa vida.

Narrador, ensaísta, periodista e poeta, a súa prolífica obra convirtéo nun dos referentes da literatura galega. Dende a súa publicación en 1961, as 'Memorias dun neno labrego' acadan na actualidad máis de 600.000 exemplares vendidos. A historia de Balbino, que retrata a vida no rural galego de mediados do século XX, foi traducida ó castelán, inglés, francés, alemán, checo, ruso, entre outros idiomas.

A capela ardente está instalada no Panteón de Galegos Ilustres antes de regresar a Gres donde será enterrado pola tarde, baixo a mesma terra que Balbino pisaba no verán cos seus pés descalzos.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir