O expediente de honras a Estanislao Reverter supera as 800 adhesións
Entre as adhesións están as do presidente da Xunta, ACO ou ATAVE

Particulares e colectivos uníronse ao recoñecemento que o Concello promove para louvar á a súa traxectoria / Pepe Glez.

Ourense
Particulares e colectivos uníronse ao recoñecemento que o Concello promove para louvar a súa traxectoria non só deportiva, senón social e humana.
O expediente de honras incoado polo Concello de Ourense a favor de Estanisla Reverter Sequeiros"Lalao" continúa a sumar novas adhesións.
Máis de 800 particulares, federacións, escuderías, institucións, pilotos e copilotos, fundacións, asociacións e empresas expresan ata hoxe a súa adhesión.
Entre as últimas recibidas están as do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a ACO Asociación de Construtores de Ourense e ATAVE Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense




