Sociedad | Actualidad
ACTUALIDAD MUNICIPAL

O Concello traballa na prevención de incendios forestais

A nova ordenanza de limpeza de solares contén achegas dos diferentes grupos, e prevé maiores sancións para quen non limpe as fincas que rodean a zona urbana

Os responsables das concellerías de Medio Ambiente e de Seguridade reuníronse tamén con axentes forestais do Distrito XII para abordar a sinatura dun convenio para rozar* camiños forestais / Concello de Ourense

Os responsables das concellerías de Medio Ambiente e de Seguridade reuníronse tamén con axentes forestais do Distrito XII para abordar a sinatura dun convenio para rozar* camiños forestais

Ourense

O Concello quere atallar a vaga de incendios forestais dos últimos anos e xa pon en marcha a maquinaria en materia de prevención: unha nova ordenanza de limpeza de solares, que irá a pleno nas vindeiras semanas, e reunións con axentes do Distrito Forestal XII da Xunta de Galicia, o encargado da área de Ourense, para traballar nun convenio para rozar camiños forestais.

A proposta de ordenanza, que lle foi entregada aos grupos en xunta de área, segue o seu proceso de tramitación con achegas dos partidos da oposición, e será levada a pleno nas vindeiras semanas. Trátase de axilizar os trámites para que os propietarios de fincas ao redor do núcleo urbano poidan ter as máximas facilidades para a limpeza de maleza.

Porén, incluirá un apartado específico de sancións para aqueles que non cumpran coas súas obrigas. “Trátase de concienciar os ourensáns de que hai que coidar o monte ou virán as sancións por parte dos técnicos municipais”, simplifica o responsable da área de Medio Ambiente, José Araújo.

O concelleiro asistiu tamén, na compañía de Flora Moure, concelleira de Tráfico e de Seguridade, a unha reunión con axentes do Distrito Forestal XII da Xunta de Galicia, na que estes expuxeron as zonas máis conflitivas do perímetro rural da cidade de Ourense de cara a asinar un convenio para rozado con tractor.

Coa experiencia dos axentes autonómicos neste eido, o Concello elaborará un mapa de zonas prioritarias que serán atendidas polos brigadistas. A esta reunión asistiron tamén o xefe dos bombeiros do Concello de Ourense e outros técnicos especializados en prevención e extinción de lumes.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00