Últimas noticias Hemeroteca

Lunes, 23 de Septiembre de 2019

Otras localidades

O Botánico recibiu un 40% máis de visitas

Durante os meses de abril, maio e xuño desenrolará actividades para maiores e cativos

O botánico organiza actividades para maiores e cativos o segundo semestre do ano /

O Botánico de Montealegre vén de presentar a súa oferta de obradoiros para o segundo semestre de 2016, unha variada e divulgativa oferta para todas as idades que está a conseguir que sexan cada vez máis os ourensáns que se pasan por este parque municipal. No último ano (marzo 2015/206) foron 9.103 persoas as persoas que foron atendidas no Botánico, un 38'4% máis das que pasaron polas instalacións no ano anterior. “Un dos compromisos deste goberno era poñer en valor o parque de Montealegre”, afirmaba José Araújo, concelleiro de Medio Ambiente durante a presentación, “para que mellore a nosa calidade de vida e para facernos máis felices”. Esta atracción de visitantes estase a conseguir grazas á dinamización do espazo con obradoiros coma os que hoxe se presentaron, dirixidos a público adulto -os sábados pola tarde- e tamén ao infantil -domingos pola mañá-. Segundo apuntaba José Méndez, coordinador das actividades, “son gratuítas pero con prazas limitadas, polo que haberá que inscribirse previamente a través da web www.botanicodemontealegre.com. O primeiro dos obradoiros comezará este mesmo 9 de abril, e seguirán até a primeira fin de semana de xuño coa seguinte cronoloxía:

Data Público Actividade Hora
09/04 Adulto Ioga da risa 16:30 h
10/04 Infantil Pequeno cociñeiro 11:30 h
23/04 Adulto Obradoiro de bonsáis 16:30 h
24/04 Infantil Hortos infantís 11:30 h
08/05 Infantil Bosques do mundo 11:30 h
22/05 Infantil Hortos Infantís 11:30 h
04/06 Adulto Fotografía da Natureza 16:30 h
05/06 Infantil Explora o Montealegre 11:30 h
05/06 Infantil Paso a paso polo mundo vexetal 16:30 h
25/06 Adulto Iniciación á xardinería ecolóxica 16:30 h
26/06 Infantil Hortos infantís 11:30 h

Ademais, convocarase un Concurso de Fotografía, dirixido ao público adulto, cuxas bases xa se poden consultar na páxina web, e que se desenvolverá a partir do 6 de xuño.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?