Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Sociedad
O blog de Henrique Rabuñal

Mareas en común: principios básicos

A Coruña

Desde que comezou este ano electoral todos os actores moven ficha de cara ás eleccións autonómicas que se van celebrar un día deste 2016. O pasado día 9 de abril en Marín o proceso de confluencia que se coñece como “Mareas en Común” vén de dar pasos moi decisivos continuando un traballo político comezado no encontro da Estrada ao que seguiron os da Pobra do Caramiñal, Lugo e Ourense.

Nas sesións do sábado participaron unhas 150 persoas procedentes de 40 movementos municipalistas, algúns no goberno, outros na oposición, presentes na Galiza urbana, vilega e rural. Coma sempre réndese contas no plenario do labor desenvolvido polas diversas comisións de traballo de cara a dotarse de documentos e metodoloxías coa ilusión de ofertar á cidadanía galega nas autonómicas un proxecto sólido, ben configurado e gañador. E traballando de maneira colectiva e altamente participativa.

O documento matriz de Mareas en Común, aquel que identifica o proceso de confluencia, é o constituído polos seus Principios Básicos que serán divulgados nas próximas datas para recoller adhesións a eles e ao proceso que está en marcha.

Os Principios Básicos de Mareas en Común propoñen unha garantía efectiva dos dereitos humanos, o exercicio da radicalidade democrática e de prácticas transparentes que combatan a corrupción, a feminización da política e a loita contra a discriminación, a defensa dun modelo económico xusto que garanta os dereitos sociais e laborais, a defensa da lingua, cultura e patrimonio galegos, a protección do medio ambiente e o benestar animal, a firme defensa do común e a esixencia de máis autogoberno para o país e dunha mellor vertebración territorial.

Os Principios Básicos serán complementados con outros documentos específicos ou de carácter xeral, como o programa electoral, onde poderán desenvolverse ou concretarse o que agora se expresa de maneira breve pero categórica.

A xuntanza de Marín serviu para máis cousas. Para deseñar un momento constituínte no que ultimar outros documentos e outras ferramentas, para avanzar nun modelo de organización interna que combine a escala municipal e a nacional. E para ampliar a consistencia, a confianza interna e a ilusión do proxecto que celebrará proximamente en Sada o seu sexto encontro.

Mareas en Común lonxe de ser unha illa é un instrumento político moi ligado á política municipalista galega, moi pegado á realidade e á xente do común, moi conectado ao que se denomina novo ciclo político. Un instrumento de servizo a aquela parte da cidadanía que quere levar ao noso parlamento e goberno outras políticas e outras formas de facelas, nas mesmas antípodas das executadas polo goberno galego nas dúas últimas lexislaturas.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir