Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Política
ACTUALIDAD MUNICIPAL

As obras no primeiro tramo de Marcelo Macías obrigan a facer de dobre sentido os carrís de entrada á cidade

As actuacións, realizadas pola Xunta de Galicia, comezarán este luns ás 8:00 horas e durarán aproximadamente dous meses

Plano de las obras de Marcelo Macías / Concello de Ourense

Plano de las obras de Marcelo Macías

Ourense

As obras de remodelación de beirarrúas e canalizacións no primeiro tramo da rúa Marcelo Macías, no tramo comprendido entre a conexión coa rúa Progreso e o inicio da ponte sobre o río Barbaña, obrigarán a remodelar o tráfico durante a duración das mesmas -dous meses, segundo as estimacións da Consellería de Infraestruturas, encargada de promovelas-, tanto de entrada como de saída da cidade. As actuacións comezarán este luns 11 de abril ás 8:00 horas.

O carril de saída cortarase para a realización das obras e para deixar espazo de paso aos peóns que transiten entre os números 2 e 26 de Marcelo Macías, polo que a Policía Local habilitará o dobre sentido da circulación nos dous carrís existentes, tanto no que dirixe o tráfico cara ao centro da cidade (que agora será de sentido contrario), coma no que vai cara á avenida de Zamora (que a partir do luns converterase no único de entrada). Do mesmo xeito, adaptaranse os ciclos semafóricos á nova ordenación de tráfico.

Ademais da sinalización de tráfico e elementos físicos para ordenar o tráfico, o Concello colocará carteis anunciando a situación en ambos sentidos da circulación.

Un carril cortado na avenida da Habana

Con motivo das obras do proxecto de urbanización da rúa Concejo, o sábado 9 de abril de 2016 procederase a pechar ao tráfico o carril central da Avenida da Habana no seu último tramo -desde a esquina con Xoán XIII até o final da mesma- entre as 8:00 h e as 20:00 horas.

Este corte é preciso para garantir a seguridade viaria durante a execución da conexión da rede de saneamento proxectada en Concejo coa rede municipal existente. A conexión realizarase nun pozo emprazado na prolongación da Avenida da Habana cara á fonte de Concepción Arenal, a unha profundidade aproximada de 2 metros.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir