Sociedad | Actualidad
O momento coruñento de Xurxo Souto

XXV anos de Arroutada!

A Coruña

Permítanme un pequeno toque de narcisismo. Tampouco tanto, unha vez cada cuarto de século. Hai vinte e cinco anos, por estas datas, os Diplomáticos de Monte-Alto editábamos o noso primeiro disco: “Arroutada Pangalaica”.

Viaxemos pois á Coruña de 1991. Na descrición da realidade campaban entón na cidade tres verdades absolutas:

1. O galego non serve para o rock&roll.

2. Na Coruña ninguén fala, nin lle interesa, o galego.

3. A cultura emerxe só pode xurdirpomada das élitesuniversitario-intelectuais

E apareceu Arroutada Pangalaica, un disco de rock en galego, duns rapaces da Coruña que reivindicaban con orgullo –mar e cemento- o seu barrio obreiro.

E foinos ben. Foinos moi ben, a pesar de contradicir expresamente todos os axiomas dos gurús daquel tempo. Fixemos festa en Monte-Alto. Baixamos á Coruña. E mesmo cruzamos a ponte Pasaxe para descubrir os 15.000 conxuntos que fervían por Galiza adiante. Irmandade cargada de distorsión que mesmo deixou unha etiqueta para a historia: O BRAVÚ!

Conclusión única (tamén, e especialmente, nestes tempos): cómpre ser heterodoxos, abofé.

Mangüi, Rómulo, Vías, Guni e quen lles fala. Rapaces de barrio, pais de aldea. Unha realidade repetida en todas as cidades de Galiza, mais que nunca aparecía reflectida nos medios de comunicación. Arrabaldes obreiros, encontro brutal, intenso e fecundo. Cintas dos SexPistols e a Charanga do Cuco de Velle; os Satélites e AC/DC. Entón apareceu Mano Negra en París, e descubrimos que tal remexido bouraba –aínda con máis vida- enMonte-Alto. Arroutada Pangalaica , felicidade primeira que dende entón nós acompaña.

Por iniciativa de PulpiñoViascón, Os Diplomáticos volvémonos reunir no 2010. Cumpría significar o vinte aniversario. Prometemos que ía ser un evento puntual. Fixemos todo o contrario. No 2014–dúas décadas de bravú- gravamos unha peza-documental para demostrarque Vigo e A Coruña son a mesma cidade.

Agora é o propio Festival de Cans que nos manda celebrar estes XXV anos de Arroutada Pangalaica.Por se fose pouco argumento, outro aliado quere colaborar na efeméride: O Destino.

Hai uns días un mestre da ruta, TomásAxeitos, obrigounos a entrar no seu estudo (“A Ponte”, casa magnífica) e gravar unha nova peza. Versos dunha grande poeta, Teresa Ramiro, mariscadora na ría do Burgo. Fala dos percebeiros que traballan a carón da Torre de Hércules. Si, alí. Xusto no lugar onde Xurxo Lobato nos retratou na foto que campa na contra capa do vello LP. Mais daquela –predio dos xogos da infancia- nin sequera sabiamos o seu nome. Agora somos un chisco máis sabio: A Rabaleira.

Arroutada Pangalaica. Hai vinte e cinco anos comezábamos unha intensa viaxe cara o espazo interior. Pagou a pena tanta ruta!

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00