As termas do Muíño da Veiga xa teñen un acceso mellorado
Trátase dun proxecto levado a cabo conxuntamente entre a Deputación de Ourense e o Concello de Ourense no marco do Comité de Cooperación Permanente

O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, Jorge Pumar; e o deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez, visitaron xunto co concelleiro de Infraestruturas de Ourense, José Araújo, as obras nas termas do Muíño da Veiga, que contan agora cun ac / Diputación de Ourense

Ourense
Trátase dun proxecto levado a cabo conxuntamente entre a Deputación de Ourense e o Concello de Ourense no marco do Comité de Cooperación Permanente, entre ambas administracións, para a dinamización dos proxectos de interese común. Durante a visita, Jorge Pumar, incidiu no compromiso da institución “na colaboración en asuntos de interese común para o Concello de Ourense e o resto dos 91 concellos restantes” e, sobre todo, “unha clara aposta a prol do termalismo”.
Esta actuación supón o arranxo do “camiño da vía vella”, que conecta a N-120 co aparcadoiro da zona termal, “unha demanda veciñal e unha reivindicación dos usuarios que accedían en coche a través do acceso”, asegurou José Araújo.
As actuacións no camiño da Vía Vella, unha vez acondicionados os accesos, completaranse cunha mellora na sinalización para que os vehículos que transitan pola N-120 sentido Vigo estean mellor informados.




