Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Entregados os Premios Martín Códax da música

MAV

Santiago de Compostela

Promovidos pola Asociación de Músicos Ao Vivo, os premios foron entregados por representantes de colectivos musicais como a plataforma ‘Queremos Entrar’, as seccións de MAV de Coruña, Compostela e Jazz; os Locais de Ensaio de Pontevedra, a Asociación de Gaiteiros e Asomúsica.

María Garrido, directora de marketing das bodegas Martín Códax fixo entrega canda o membro da xunta directiva de MAV, Xosé Lois Romero, do Premio Honorífico a Antón Corral. Os triunfadores da noite levaron a casa un dos Melómanos que o escultor e músico, Víctor Lorenzo, creou especialmente para o certame a golpe de motoserra. Nesta edición inscribíronse un total de 448 proxectos (396 grupos, 16 salas, 22 festivais e 14 medios de comunicación), o que volve converter a web do certame www.premiosmartincodaxdamusica.com na plataforma de música galega máis importante do momento. No seu discurso de clausura, o voceiro de Músicos Ao Vivo, Ramón Bermejo, reivindicou que a asociación é necesaria para “dar pulo á dignificación do oficio da música, e servir como lugar de encontro entre os profesionais que defendemos o papel dun sector que noutros países é considerado estratéxico”. Bermejo denunciou que “vivimos un desmantelamento progresivo das artes e as humanidades no noso sistema educativo da man da LOMCE, precisamente cando máis estudos demostran as vantaxes da música na educación” e recordou que “moitos músicos dedican parte do seu tempo ao ensino da música e grazas ao seu esforzo, escasamente apoiado dende as institucións, están indo cara adiante agrupacións musicais cada vez de máis calidade”

Os premiados nesta edición foron:

Pop e indie: Silvia Penide

Rock: Foxy Freire

Blues, funk & soul: Nastasia Zürcher

Jazz e músicas improvisadas: Orquestra de Jazz de Galicia

Hip-Hop e músicas urbanas: Sokram

Música clásica e contemporánea: Vertixe Sonora Ensemble

Folque: Caxade

Música tradicional galega: Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre

Músicas do mundo: Crebinsky

Canción de Autor: Guadi Galego

Música infantil: Brinca Vai!

Electrónica: Croma

Metal: Mutant

Reggae, Ska & Mestizaxe: A Banda da Balbina

Orquestras, grupos e música de verbena: Orquestra Os Modernos

Coros e Grupos Vocais: De Vacas

Premio Organistrum Salas: A Arca da Noe

Premio Organistrum Festivais: Feito a Man

Premio Organistrum Espazos de Comunicación Musical: Ábretedeorellas

Premio Honorífico: Antón Corral

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir