OURENSE É ARTE
Paco Ascón, pintor ourensán expón 38 obras co título ¨Algo sobre MIn ¨

Una de las pinturas que se podrán ver en la muestra / Pepe Glez.

Ourense
A responsabilidade de que, desde os meus 17 anos, me dedique a este marabilloso oficio, é desta fantástica terra que me acolleu sen preguntas como a un máis dos seus fillos.
Cheguei a Galicia moi novo, de Barcelona, onde nacín, pero namoreime, como un mozo se namora por primeira vez; eu fixeno desta marabillosa terra, das súas xentes, das súas preciosas cidades, das súas maravillosas aldeas, das súas rudas costas, das súas suaves praias, dos seús marabillosos ríos encanados, dos de rápido transitar e os de lento e suave fluír, das lagoas glaciares, dos altos montes, dos pequenos rueiros, todo en Galicia,me segue emocionando e sígome sorprendendo día a día da interminable paleta de cores que en todos eses lugares se goza.
O meu amor por Galicia e o meu enraizamento nesta terra completouse ao coñocer aquí e namorarme doutra catalá, coa que comparto tres fillos galegos es eis netos. tamén galegos, polo que no, noso caso, as ramas se converteron en raíces moi profundas, que nos amarran con forza a este marabilloso lugar.
Nos máis de 56 anos como galego adoptivo, tiven o privilexo de vivir nas 4 provincias deste acolledor país, todas elas achegaron o toque de beleza, país, todas elas achegaron o toque de beleza, que a miña obra poida ter, pero especial sorpresa e engrandecemento persoal e artístico, achegáronme os case 20 anos que levo vivindo na provincia de Ourense,concretamente moi preto de Trevínca, punto máis alto de Galicia, en Xares (A Veiga), establecinme con Carmen, e é onde levo os lenzos día a día, o meu traballo e os meus sentimentos, tratando de devolver parte do que esta terra me achega.
Non son un pintor imaxinativo, nin xenial, nin clarividente, nin intuitivo, on un pintor observador, curioso, investigador, contemplo a naturaleza, así como as variacións, que con agarimo o home, a través dos séculos, realizou sobre ela e trato de representa tal e como a vexo, son en todas as facetas da miña vida utópica e idealista, tento conseguir esa asombrosa perfección, aínda intuíndo que nunca a acadarei, pero como tamén son un pintor testudo, seguirei intentándoo, mentres poida soster un pincel. Paco Ascón.




