Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Música
MÚSICA

O Enclave de Cámara presenta este xoves en Ourense a Paul Lewis

Xoves 5 no Teatro Principal de Ourense ás 20:30 horas. As entradas poden adquirirse en www.ataquilla.com ou na propia billeteira do Teatro

É un dos pianistas máis capaces, conscientes e equilibrados que existen no circuito, así como unha referencia xeracional en relación aos compositores románticos. / middelbury

É un dos pianistas máis capaces, conscientes e equilibrados que existen no circuito, así como unha referencia xeracional en relación aos compositores románticos.

Ourense

O ciclo Enclave de Cámara, ciclo organizado pola Concellería de Cultura, presenta este xoves no Teatro Principal a Paul Lewis (Liverpool-1972), un dos pianistas máis talentosos do mundo, cun programa no que abordará pezas de Schubert, Brahms e Liszt. Considerado por público e crítica de todo o mundo polas súas interpretacións de Beethoven ou o propio Schubert, é un dos pianistas máis capaces, conscientes e equilibrados que existen no circuito, así como unha referencia xeracional en relación aos compositores románticos. A súa concepción poética da música é unha das características máis destacadas nas súas actuacións.

Nado no seo dunha familia de clase traballadora, sen vencello previo coa música, comezou tocando o violonchelo, único instrumento que había no seu colexio. Aos dez anos, puxéronlle un piano nas mans, e o seu talento levouno a estudar con Ryszard Bakst na Chetham´s School of Music de Manchester, unha das catedrais da música europea. Completaría a súa formación na Guidhall School of Music and Drama, antes de pasar a formarse en privado con Alfred Brendel.

Lewis actúa con frecuencia como solista xunto ás orquestas máis importantes do mundo. É invitado habitual nos festivales internacionais máis prestixiosos (Lucerna, Salzburgo, Tanglewood), e paseou os escenarios do Carnegie Hall, o Theâtre des Champs Élysées ou o Royal Festival Hall, entre outros. En 2010, foi o primeiro pianista en abordar un ciclo íntegro cos cinco concertos de piano de Beethoven nos Proms da BBC, un dos festivais máis grandes do mundo. Un ano máis tarde, embarcouse no proxecto Schubert e o Piano: 1822-1828, no que interpretou as obras de madurez do compositor. Con este proxecto, Lewis percorreu os escenarios de Londres, Nova York, Chicago, Tokyo, Rotterdam, Florencia, Schwarzenberg e Madrid.

Ao longo da súa carreira, Lewis foi galardonado con numerosos premios como o Instrumentista do Ano da Royal Philharmonic Society, dous premios Edison, tres premios Gramophone, e o Diapason D´or, entre outros. En 2009 foi investido co Doutor Honoris Causa pola Universidade de Southampton. Co selo Harmonia Mundi abordou obras de Mussorgsky e Schumann, as sonatas íntegras e concertos de Beethoven e todas as principais obras para piano de Schubert. O seu último disco aparecido en Harmonia mundi no mes de abril 2016 é o Concerto nº 1 para piano de Brahms coa Orquesta Sinfónica da Radio de Suecia, dirixida por Daniel Harding. Lewis é, ademais, director artístico do Midsummer´s Music, festival de música de cámara que se celebra anualmente entre xuño e xullo en Buckinghamshire, Reino Unido.

A cita é este xoves 5 no Teatro Principal de Ourense ás 20:30 horas. As entradas poden adquirirse en www.ataquilla.com ou na propia billeteira do Teatro. O programa do recital é o que segue:

Parte I

Franz Schubert (1797-1828)

-Sonata for Piano no.9 in B major D575 (1817) (20´)

I. Allegro ma non troppo

II. Andante

III. Scherzo: Allegretto – Trio

IV. Allegro giusto

Johannes Brahms (1837 – 1897)

-Four Ballades op.10 (25´)

No. 1 in D minor. Andante

No. 2 in D major. Andante

No. 3 in B minor. Intermezzo. Allegro

No. 4 in B major. Andante con moto

Parte II

Johannes Brahms (1837 – 1897)

-Three Intermezzi op. 117 (20´)

I.Andante moderato

II.Andante non troppe e con molto espressione

III. Andante con moto

Franz Liszt (1811 – 1886)

-Après une lecture du Dante: Fantasia quasi Sonata (18´)

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir