Noite de Fiadeiro en Ramirás
Noite de Fiadeiro, ten por odxetivo recuperar a esencia dos antigos fiadeiros
Ourense
A Asociación Cultural Rebulir en colaboración co Concello de Ramirás teñen practicamente os preparativos da que será a Décima Edición da Noite de Fiadeiro. Esta festa ten por odxetivo recuperar a esencia dos antigos fiadeiros da comarca onde os mozos xuntánse para cantar, bailar, ou simplemente gozar dun ambiente festivo.
A cita terá lugar o sábado 28 de maio en Vilavidal, sendo o lugar de San Andrés o centro neurálxico das actividades. Desta maneira, os visitantes poderán gozar durante toda a xornada de decenas de postos de artesanía e gastronomía, obradoiros, actividades lúdicas, teatro de rúa, animación musical, concertos, demostracións, e como non, da intervención dos grupos de música tradicional chegados das catro provincias galegas.
Sendo esta décima edición do encontro a organización quere contar con aqueles grupos que deixaron maior pegada persoal e artística. Así, chegarán a ser máis de so os colectivos partcipantes, o que asegura horas de diversión e baile.
A Asociación Rebulir aproveitará tamén este encontro para anunciar os actos que darán peche á celebración do seu décimo aniversario, que comenzaron co Décimo Festival Internacional Rebulir, o cal tivo lugar o pasado decembro de 2015.